Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta urxe á Delegación do Goberno en Galicia a que actúe diante da parálise do sector primario e para que se declaren servizos esenciais na folga do transporte
O Executivo galego insta ao Goberno central a que, dentro das competencias que lle corresponden, mobilice as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para escoltar aos transportistas que non secundan o paro
A Xunta enxalza o apoio do grupo de acción local do sector pesqueiro A Mariña-Ortegal aos percebeiros de Valdoviño para mellorar a súa seguridade
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro comprobou o funcionamento do vehículo anfibio e os sete remolques adquiridos pola Asociación de Percebeiros de Meirás co obxectivo de optimizar os accesos ao mar dos traballadores e a loita contra o furtivismo
Galicia urxe ao Goberno central a convocatoria dunha Conferencia Sectorial de Pesca para definir medidas de apoio inmediato ao sector ante a suba do gasóleo
A titular de Mar destaca a necesidade de actuar con celeridade e lembra que o presidente da Xunta xa propuxo a pasada fin de semana na Conferencia de Presidentes a posibilidade de baixar de xeito xeneralizado o IVE dos hidrocarburos ata situalo no tipo reducido ou no superreducido
Galicia defende medidas específicas para o sector pesqueiro ante a alza do prezo dos carburantes
Rosa Quintana lembrou que esta demanda foi trasladada pola comunidade galega na Conferencia de Presidentes celebrada a pasada fin de semana e na que o presidente da Xunta tamén solicitou baixar os impostos que gravan os carburantes, a electricidade e o gas
A Xunta salienta o labor do sector transformador de produtos do mar de Galicia e do Norte de Portugal para valorizar os subprodutos da conserva
A iniciativa, liderada por Cetaqua, xurdiu coa idea de desenvolver un modelo de xestión sostible baseado no aproveitamento do valor que se pode obter das correntes residuais sólidas e líquidas derivadas da actividade conserveira
A Xunta convoca cinco cursos para ampliar a capacitación dos patróns costeiros polivalentes e favorecer a remuda xeracional
Galicia sitúase á vangarda nesta oferta formativa que permite aos patróns costeiros polivalentes adquirir os coñecementos necesarios para actuar como primeiros oficiais de ponte en buques de pesca de ata 42 metros de eslora
Galicia enxalza a calidade dos produtos do mar no mercado americano coa súa participación na feira Seafood de Boston
A Xunta participa neste certame cun posto institucional de 180 metros cadrados que acolle a 11 empresas coexpositoras do complexo mar-industria galego
Galicia urxe ao Goberno central unha solución ao bloqueo á comercialización das capturas de marraxo
A Xunta lamenta a falta de coordinación entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación -que autoriza a pesca da especie- e o Ministerio de Transición Ecolóxica -que impide a venda das capturas- e pide que corrixan esta contradición