Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/03/20 | 12:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica en Cuntis a formación de calidade para mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo un encontro cos alumnos do Programa Integrado de Emprego deste concello pontevedrés no que se lles informou sobre as accións formativas que se están promovendo

09/03/20 | 12:33

Medio Ambiente lanza a segunda campaña 'Únete ao reto' para premiar aos concellos que superen as súas taxas de reciclaxe

Un total de 15 municipios galegos que suman case 450.000 habitantes participan este ano na iniciativa co obxectivo de aumentar nun 10% as cifras de recuperación de envases de plástico, latas e bricks depositadas no contedor amarelo

09/03/20 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de renovación da cuberta do edificio da depuradora de Tomiño por un investimento de case 48.000 euros

As obras permitirán substituír e reforzar aquelas partes da estrutura que se atopan máis deterioradas polo paso do tempo

09/03/20 | 12:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar destaca a Educación Inclusiva como garante da igualdade de oportunidades e da atención á diversidade

Oito centros escolares de toda Galicia foron recoñecidos con estes galardóns, que buscan difundir as boas prácticas de inclusión que levan a cabo nas súas aulas

09/03/20 | 11:59 | C. do Medio Rural

O director xeral da Agader fai un chamamento á unión de forzas no rural para promocionar e potenciar os seus produtos de calidade diferenciada

Miguel Pérez Dubois acudiu á sinatura dun convenio entre a Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense, a Universidade de Vigo, a Agrupación Apícola de Galicia e a IXP Mel de Galicia

09/03/20 | 11:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa o Cheque Brexit para reforzar a posición das empresas galegas que exportan ao Reino Unido

O director do Igape, Juan Cividanes, informou sobre o novo programa que, cunha dotación inicial dun millón de euros, achega diagnóstico e asesoramento para adaptarse ás novas relacións comerciais co país británico

09/03/20 | 11:20 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 63 persoas por 47 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 6 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 8 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 52 chamadas por accidentes de tráfico

09/03/20 | 10:55 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta abre a convocatoria da liña de axudas para que entidades públicas e privadas sen fins de lucro dixitalicen fondos patrimoniais

O prazo de solicitudes estará aberto desde mañá e ata o 10 de abril, segundo se publica hoxe no DOG

09/03/20 | 10:41

A Xunta formará este mes a 60 persoas como guías turísticos especializados no Parque Nacional das Illas Atlánticas

O curso comezou esta mañá no Edificio Cambón de Vigo e prolongarase ata o 27 de marzo, combinando as sesións teóricas coa realización de talleres e traballos individuais e en grupo de carácter práctico e visitas aos catro arquipélagos