Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 2788 noticias de la área temática Sanidad:

23/03/20 | 19:29

Galicia dota ao sector marisqueiro das ferramentas necesarias para acceder ás prestacións por cese de actividade habilitadas polo Estado ante o coronavirus

Un informe da Xunta mostra que a caída da facturación marisqueira na comunidade é superior ao 77%, por enriba do 75% que fixa o Goberno central para percibir compensacións económicas polos efectos da alerta sanitaria

23/03/20 | 18:19

A Consellería do Mar cede aos bombeiros de Ferrol tres habitacións e unha sala da escola náutico-pesqueira durante o estado de alarma decretado polo coronavirus

O obxectivo é evitar o risco de contaxio polo Covid-19 entre os profesionais deste servizo esencial para a cidadanía

23/03/20 | 16:15 | C. de Vivienda y Planificación de Infraestructuras

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aborda coa Federación Galega da Construción a evolución da situación nas obras públicas na comunidade autónoma

Comparten a necesidade de cumprir estritamente os protocolos sanitarios establecidos para evitar contaxios nesta actividade, que se mantén de acordo co Real Decreto que establece o estado de alarma e a Instrución aprobada pola Xunta

23/03/20 | 15:25 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta inicia o reparto de equipos de protección aos concellos en colaboración coa Fegamp

O material distribuirase preferentemente nos concellos máis pequenos, que non teñen forma de adquirir este material

23/03/20 | 15:17 | C. de Sanidad

O Sergas estende aos hospitais comarcais o sistema de realización das probas de coronavirus dende o coche

Iniciouse hoxe no Hospital da Barbanza, próximamente comezará nos Hospitais da Mariña e Monforte e mañá iniciarase no Hospital do Barco de Valdeorras

23/03/20 | 11:43 | C. de Sanidad

Galicia rexistra un total de 1.170 casos infectados por coronavirus

Un total de 19 persoas xa foron dadas de alta

22/03/20 | 18:16 | La Presidencia de la Xunta

Feijóo traslada a preocupación ante a falta de material comprometido polo Goberno de España e afirma que a Xunta seguirá traballando a través do Sergas para dotar á comunidade do material sanitario que precisa

Precisa que o Sergas tiña encargados 8 millóns de mascarillas; “e tamén adquirimos 113 ventiladores para as UCI, 79 volumétricos e 34 non invasivos”