Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta procederá á apertura da lagoa de Baldaio nos vindeiros días para evitar asolagamentos na contorna
Técnicos das Consellerías de Medio Ambiente e do Mar e da Universidade de Santiago visitaron esta semana a zona para determinar o seu estado actual e as medidas máis axeitadas a adoptar con carácter inmediato
A esperanza de vida en Galicia medra ata os 83,34 anos e acada o maior valor da serie histórica, segundo os últimos datos do IGE
O IGE publica hoxe as táboas de mortalidade correspondentes ao ano 2017 e unha estimación para 2018
A Xunta informa en Betanzos ás empresas da industria forestal das diferentes axudas á súa disposición
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou en Betanzos nunha xornada informativa en colaboración coa Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga)
Feijóo destaca o compromiso dos profesionais do Servizo Galego de Saúde cunha Sanidade Pública innovadora e en permanente mellora
Incide en que galardóns como os deste xornal constatan a dedicación de todo o persoal sanitario en todas as frontes
A Xunta destaca en Marín o compromiso dos empresarios e emprendedores por impulsar a competitividade e a Industria 4.0
O director do Igape, Juan Cividanes, participou nun encontro no que se informou dos programas de apoio á disposición do tecido empresarial, en eidos como a dixitalización, o financiamento ou a internacionalización
A Xunta e os Consellos Reguladores potencian Galicia Calidade como a marca de referencia para os produtos do agro con calidade diferenciada
O Executivo autonómico decidiu no Consello monográfico sobre o rural da pasada semana darlle un pulo a Galicia Calidade para lograr que o sector agroalimentario galego reforce a súa competitividade nos mercados
Os bateeiros poderán acceder a través do móbil á información sobre o estado das súas zonas de produción grazas a unha app desenvolvida en colaboración coa Xunta
Esta ferramenta pon a disposición dos socios do Consello Regulador información do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño sobre biotoxinas e contaminación microbiolóxica