Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta recoñece un total de 37 proxectos cos premios de innovación na Formación Profesional dotados con 800.000€
Desenvólvense en 47 centros, coa colaboración de 70 empresas e entidades
A Xunta pon en valor en Vigo o Programa Integrado de Emprego de Asime que acadou un 54% de inserción laboral na última edición
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha xuntanza na cidade olívica cos representantes da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia á que pertencen máis de 600 empresas
Fernández-Tapias destaca a tripla dimensión formativa, laboral e de servizo dos obradoiros de Mos Peregrino e Mocidade no Camiño
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo xunto á alcaldesa Nidia Arévalo visitou hoxe ao alumnado destes talleres de emprego no que se forman 36 persoas en albanelería, carpintería, xardinería, conservación de montes e deseño gráfico
O obradoiro 'Santa Isabel IV', financiado pola Xunta, traballa na organización e dixitalización do arquivo municipal de Outeiro de Rei
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Emprego e Igualdade destina 347.000 euros a este taller, no que tamén participan Castro de Rei e Cospeito
Política Social mellora as capacidades laborais de máis de 200 persoas en situación ou risco de exclusión
Entre mediados de xaneiro e final de febreiro desenvolvéronse 27 accións formativas en diferentes concellos
A Xunta impulsa a Formación Profesional na área da Coruña coa creación do novo CIFP Universidade Laboral, que reforza a oferta formativa, as prazas dispoñibles e a dotación de profesorado
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que a especialización deste centro de Culleredo enmárcase na aposta do Goberno galego polas ensinanzas de FP como referente de innovación e empregabilidade
Román Rodríguez destaca a FP Dual e a relación coas empresas como a principal opción de futuro na Formación Profesional
Salientou a alta empregabilidade desta modalidade e o contacto que supón para os estudantes coa realidade laboral
A Xunta convoca 5,5 M€ en axudas para que centros de formación ofrezan cualificación profesional a unhas 5.000 persoas ocupadas
O Diario Oficial de Galicia activou hoxe as axudas do Plan de formación para o emprego dirixido con prioridade a persoas en activo para 2021 e 2022
A Xunta convoca os exames para a obtención de carnés e habilitacións profesionais en 15 especialidades
O obxectivo desta convocatoria é facilitar a obtención desta acreditación, que favorece a incorporación ao mercado laboral das persoas que a posúen
A Xunta convoca as probas de acceso a ciclos de FP de grao medio e de grao superior
Deste xeito favorécese que as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos poidan cursar estas ensinanzas