Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta propón á Sareb a cesión de solo para a construción de novas vivendas de promoción pública
Reitera tamén a necesidade de que poña á disposición do Goberno galego máis inmobles na Comunidade para destinalos a alugueiro social
A Xunta avanza nos traballos previos da mellora do sistema de saneamento dos concellos de Cee e de Corcubión, que suporá un investimento de máis de 8 M€
Técnicos de Augas de Galicia e da empresa adxudicataria mantiveron hoxe unha reunión co Concello de Cee para abordar a organización das obras, que comezarán nas primeiras semanas do outono
A Xunta apoia a mellora do local social da asociación veciñal Campa do Coxo de Guntín
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o edificio ao que se destinaron 27.630 euros para obras e equipamento no período 2021-2022
A Xunta participa na comisión Hispano-Lusa que prepara o vindeiro Cumio ibérico
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, acudiu hoxe a Porto representando a Galicia na reunión preparatoria
Un total de 140 estudantes das universidades galegas poderán beneficiarse das bolsas para realizar programas de mobilidade en países extracomunitarios
A dotación para cada persoa será dun máximo de 1.700€
A Xunta salienta o labor que xoga o propio sector pesqueiro na loita contra o furtivismo e a protección dos recursos mariños
Rosa Quintana enxalzou o papel das confrarías como colaboradoras necesarias para o mantemento da biodiversidade e avogou por reforzar as sinerxías entre Administración e organizacións en materia de control e vixilancia
Gabriel Alén gaba a programación cultural do Xacobeo 21 - 22 por amosar a riqueza turística de Galicia
O delegado territorial subliñou que a Xunta apoia esta iniciativa baixo o paraugas do Xacobeo co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade nestes tempos difíciles
Martina Aneiros lembra que volve estar activo o uso do bono turístico #QuedamosenGalicia22 ata finais de ano ao que están adheridos 31 establecementos en Ferrolterra
Esta iniciativa permitiu inxectar preto de 160.000 euros nos locais das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que se uniron á campaña na pasada edición
A Xunta realizará actuacións de mellora da seguridade na rede viaria autonómica no entorno dos Camiños de Santiago ao seu paso polos concellos coruñeses de Boimorto, Arzúa, Sobrado, Cabanas e Cambre
Trenor visitou as actuacións que se están levando a cabo en Boimorto no cruce da estrada AC-934 que consisten na instalación de delimitadores na marxe esquerda da vía