Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

12/12/22 | 20:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca o compromiso da Xunta pola sustentabilidade do agro na comarca da Limia

As catro comunidades de regantes constituíronse nunha soa para asinar o convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e SEIASA de construción e explotación de 40 novos pozos para a mellora do regadío

12/12/22 | 19:00 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o traballo dos últimos dous anos dos GDR galegos en prol do rural

A directora xeral indicou que precisamente hoxe é un día especial para falar do futuro do programa Leader, xa que é o día no que se asinaron as addendas aos convenios cos 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia

12/12/22 | 12:47 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia da formación e da transferencia de coñecementos na mellora da profesionalización e da competitividade no agro

José Luis Cabarcos salientou que o Goberno galego centra os seus esforzos tanto na transferencia tecnolóxica como na formación profesional e adquisición de competencias por parte dos profesionais do sector agrogandeiro e forestal

08/12/22 | 12:21 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o futuro matadoiro móbil como ferramenta para favorecer a comercialización das producións cárnicas de zonas de montaña

Os responsables da Consellería animaron os representantes de Ovica a continuar traballando por estas producións e a aproveitar a Lei de recuperación da terra agraria, xa que a nosa comunidade conta con moita superficie útil para ese tipo de gando

06/12/22 | 12:20 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá preto de 46.000 euros na mellora de dous camiños rurais do concello de Rairiz de Veiga

José González trasladoulle á rexedora deste concello ourensán que esta actuación está enmarcada no Plan de extraordinario de reparación de camiños da Limia, o cal conta cun orzamento global para a súa segunda fase de máis de 550.000 euros

05/12/22 | 18:27 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta catro novos casos de gripe aviaria en gaivotas localizadas en Galicia

Os novos casos positivos corresponden a catro individuos recollidos nos concellos de Sada (A Coruña) e Xove (Lugo), que foron trasladados aos respectivos Centros de Recuperación de Fauna Silvestre provinciais
 

05/12/22 | 16:13 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en reclamar flexibilidade na aplicación ambiental da PAC para garantir a sustentabilidade económica do sector primario

José González puxo en relación esa sustentabilidade das explotacións coa autosuficiencia alimentaria
 

04/12/22 | 15:22 | C. do Medio Rural

A Xunta convocará proximamente as axudas para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas por importe superior aos 4,4 M€

José González lembrou que estas achegas foron aprobadas esta mesma semana polo Consello do Goberno galego, co obxectivo de mellorar o rendemento e a competitividade do sector
 

03/12/22 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta fará en 2023 unha nova convocatoria de axudas para certames de gando bovino selecto

José González explicou que o obxectivo destas achegas é apoiar a promoción e difusión dos certames de gando bovino selecto criado en pureza en Galicia, incluíndo poxas e concursos oficiais