Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Novas tecnoloxías:

10/10/22 | 11:28 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia e Portugal traballan conxuntamente na configuración dun destino turístico intelixente

A Cidade da Cultura acolle os foros do proxecto europeo EDIT, liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

07/10/22 | 12:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O encontro informático impulsado pola Xunta ‘Xuventude Galicia Net R Encounter’ abre as súas portas con preto de 800 participantes e máis de 50 actividades

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou hoxe na inauguración do evento, desenvolvido na Feira Internacional de Galicia Abanca coa empresa R como patrocinadora oficial

06/10/22 | 13:52 | C. de Facenda e Administración Pública

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica destaca o papel do GaiásTech como centro para a demostración de tecnoloxías e asesoramento dixital ao tecido empresarial

Julián Cerviño presentou hoxe a conferencia do director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia sobre “Computación cuántica na industria”
 

05/10/22 | 14:24 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos apela ás técnicas de intelixencia artificial e aos avances tecnolóxicos como claves para unha administración moderna, rápida e eficaz

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou esta mañá o curso superior Auditoría no sector público, organizado pola Escola Galega de Administración Pública

01/10/22 | 16:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A Amtega celebra o Día das persoas maiores ampliando a súa colaboración con FEGAUS para reforzar a capacitación dixital deste colectivo

O departamento autonómico e Rede de Aulas CeMIt súmanse hoxe, 1 de outubro, a esta conmemoración coa sinatura dun novo convenio con Fegaus
 

30/09/22 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros pon en valor as actividades da G-Night á hora de achegar o traballo das investigadoras e investigadores galegos á sociedade

A representante do Goberno galego compartiu a mañá con alumnos do Ciclo de Deseño de Fabricación Mecánica do CIFP Ferrolterra e do CEIP A Laxe que participaron en talleres sobre novos materiais e realidade virtual e aumentada

30/09/22 | 12:18 | C. de Facenda e Administración Pública

O Centro de Resposta a Incidentes de Ciberseguridade da Xunta entra na Rede Nacional impulsada polo CCN

Galicia é a sexta comunidade autónoma que se integra nesta rede que actuará en coordinación cos Centros de Operacións de Ciberseguridade (SOC) europeos

29/09/22 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto do Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, que suporá un investimento de 4,2 M€

O contrato para a redacción deste proxecto estratéxico foi adxudicado por un importe de máis de 196.000 euros

18/09/22 | 10:55 | C. de Facenda e Administración Pública

A Amtega presenta a súa guía de boas prácticas para a liberación de contidos e software

O vindeiro día 20 de setembro terá lugar o acto de presentación do documento que actualiza as guías xa existentes, con novos contidos e un enfoque máis didáctico cara ao público xeral

17/09/22 | 13:48 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ten en marcha máis do 82% dos proxectos para a trasformación dixital financiados co mecanismo de recuperación e resiliencia

Dos 147,7 millóns de euros xestionados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia están activados expedientes por un importe de case 122 millóns