Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 307 novas da área temática Goberno galego:

10/11/22 | 12:46

Galicia e Canarias buscan sinerxías en materia de disciplina urbanística no marco do primeiro webinario conxunto dirixido a funcionarios autonómicos

Neste foro participaron 65 profesionais da Xunta e do Goberno canario, con formación xurídica e técnica na materia, como delineantes, arquitectos e arquitectos técnicos

03/11/22 | 15:14 | A Presidencia da Xunta
31/10/22 | 12:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel do Camiño de Santiago na promoción da gastronomía de Galicia e para dar a coñecer o carácter solidario dos galegos

Gaba o papel das entidades sen ánimo de lucro como ACEM para mellorar a calidade de vida de persoas con esta doenza e salienta a implicación do Goberno galego para estar “á altura” das súas necesidades sanitarias e sociais

28/10/22 | 18:23 | C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta incrementa o orzamento sanitario ata preto dos 5.000 millóns de euros, coas maiores subas nos fondos para Saúde Pública, Atención Primaria e formación de novos especialistas

A aposta pola Saúde Pública tradúcese nun incremento dun 17% do orzamento para estas políticas ata chegar aos 106 millóns de euros, que financiarán as ampliacións dos programas de vacinación e cribado, o inicio do Plan de Obesidade Zero, a dixitalización dos sistemas de saúde pública ou a posta en marcha do Centro Galego para o Control e Detección de Enfermidades

28/10/22 | 10:02 | A Presidencia da Xunta
27/10/22 | 16:48 | A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica a aposta de Galicia e Madrid por modelos baseados na estabilidade, na mellora dos servizos e nas rebaixas de impostos para paliar a incerteza

Destacou os orzamentos “de gran contido social” que acaban de aprobar ambas comunidades e o feito de ser gobernos que apostan pola “xente” e por unha xestión “seria e estable”

23/10/22 | 17:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta consolida o seu apoio ao asociacionismo local co investimento de 3 M€ en axudas a estes colectivos en 2023

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na celebración do Día do Veciño 2022, organizada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo ‘Lucus Augusti’