Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Trenor informa a AFACO das dúas liñas de axudas abertas para entidades sociais por un importe de 32 M€
A Xunta conta cunha orde dotada con 13 millóns de euros para a rehabilitación ou construción de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade e outra orde de 19,1 millóns de euros cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) para impulsar programas de carácter social
O plan de nova arquitectura pedagóxica ten comprometidas 22 actuacións en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte por máis de 2,8 M€
Trenor visitou o CPI Cabo da Area no que a Xunta investiu case 500.000 euros para mellorar os servizos, a eficiencia e comodidade do centro
Un escultor galego retornado crea obras para edificios públicos dos EE.UU. desde Sanxenxo apoiado pola Xunta
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e a concelleira de Facenda, Paula Martínez, visitaron hoxe o obradoiro dun artista deste concello que traballou no Capitolio de USA, no Cemiterio de Arlintong e no Museo Botánico de Nova York
A Xunta apoia un ano mais a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, recibiu hoxe ás persoas beneficiarias das bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento
Rueda anuncia unha nova liña de investimento para crear en colaboración cos concellos máis de 3.400 novas prazas en escolas infantís
Avanza que o Consello aprobará mañá a segunda edición do Bono Activa Comercio, que porá a disposición de 160.000 galegos 30 € de desconto para comprar en pequenos establecementos, cunha mobilización prevista de 17 M€
Fernández-Tapias pide ao Concello a posta a disposición dos terreos da ETEA tras a aprobación definitiva do proxecto de urbanización cun investimento de 12,3 M€
A delegada territorial da Xunta avanzou a aprobación definitiva por parte da Consellería de Medio Ambiente do plan para acondicionar os vieiros e espazos libres
A Xunta celebrará unha Gran Gala Internacional de Maxia o 24 de setembro en Pontevedra ao abeiro do festival ‘Galicia Ilusiona’
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, presentou esta mañá en AFundación un espectáculo que xa ten as entradas á venda e que contará con magos como Dani Polo, Hyun Joom, Dania Díaz, Arno, Jimmy Delp, Sebastian Dethise e Huang Zeng
A Xunta amplía ata o 15 de outubro o prazo para presentar licenzas e permisos das axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que aumenta nun mes o período marcado inicialmente para aportar esta documentación
Galicia rexistra un total de 1.253 casos activos por coronavirus
Un total de 671.051 pacientes xa están curados
A Xunta está a executar traballos de recuperación de zonas afectadas por incendios en 106 hectáreas no Courel
Trátase de labores de mulching (acolchado) de palla, que se levan a cabo por persoal propio da Consellería do Medio Rural de acordo coas indicacións dos técnicos especialistas do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán