Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/09/22 | 16:32 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 2,7 M€ de euros as obras de adaptación da nova área de hemodinámica de Ourense

Nas obras inclúese as de instalación dos novos equipos xa adxudicados de radioloxía e neurorradioloxía vascular intervencionista que suporán un investimento de case tres millóns de euros en equipamento para esta Área Sanitaria

12/09/22 | 15:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 1,3 M€ as obras de reposición do firme nas estradas PO-201 en Silleda e PO-960 en Vila de Cruces

A intervención comezará a finais de setembro cun prazo de execución de 6 meses
 

12/09/22 | 14:58 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 70 persoas por 60 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 9 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 11 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 66 chamadas por accidentes de tráfico

12/09/22 | 14:57 | C. do Medio Rural

A Xunta acomete a primeira fase da nova rede de camiños secundarios da Concentración Parcelaria de Tremoedo cun investimento de 480.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, visitaron esta mañá as obras, que inclúen a execución de 42 pistas de nova apertura cunha previsión de remate neste mesmo ano
 

12/09/22 | 14:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1 M€ á mellora das redes de distribución eléctrica do polígono industrial de Val do Dubra

Este Concello recibirá outros 357.000 euros para poñer en marcha un viveiro empresarial e para mellorar os accesos á súa parcela de equipamentos

12/09/22 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as actuacións de acondicionamento da estación de autobuses de Ponteareas que suporán un investimento de máis de 48.000 €

A intervención inclúe a apertura de acceso peonil ás dársenas desde a rúa, sen barreiras arquitectónicas, ou unha nova rede de saneamento para os baños

12/09/22 | 14:31 | C. de Sanidade

Sofía López Linares, toma posesión como nova directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria

A nova directora xeral é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Oviedo, ocupando, até o de agora, o cargo de Xefa de Servizo no centro de saúde Illas Canarias de Lugo, labor que viña desempeñando desde o ano 2015.

12/09/22 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que la Xunta rematará no verán de 2023 a mellora do saneamento de Celeiro, culminando un investimento de 8 M€ para garantir a calidade das augas da ría de Viveiro

Vázquez Mourelle explica que esta actuación, na que a Xunta inviste preto de 4 M€, solucionará os problemas da rede municipal de saneamento de Celeiro, ao incorporar as súas augas á depuradora de Viveiro, ademais de renovar o emisario submarino

12/09/22 | 14:01

Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León solicitan comparecer ante o Parlamento Europeo para expoñer a situación “real” do lobo nos seus territorios

As comunidades que concentran o 95% dos exemplares de todo o país subscriben unha carta censurando que o informe sexenal remitido por España sobre o estado do lobo non se corresponde cos datos achegados polos Gobernos rexionais e defenden a necesidade de reforzar o seu peso na xestión destas poboacións