Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Turismo:

20/03/22 | 12:10

A tempada de pesca fluvial comeza hoxe para os máis de 41.000 afeccionados galegos con licenza vixente

Belén do Campo enmarca o incremento en máis de 4.000 dos permisos tramitados este ano en Galicia nunha “volta á normalidade” tras dous anos marcados pola covid

17/03/22 | 11:15

A Xunta agradece a implicación de Boborás por instaurar o fermosismo e a humanización no concello

Vázquez Mejuto recordou que na primeira convocatoria de axudas para evitar impactos paisaxísticos, o municipio recibiu unha axuda de case 10.000 euros para levar a cabo unha mellora e intervención dun lavadoiro

16/03/22 | 10:24

Cada galego reciclou en 2021 medio quilo máis de envases de vidro, ata acadar unha media de 18,8 quilos

No conxunto da comunidade a recollida deste tipo de residuos ascendeu a 50.732 toneladas, un 2,7% máis que no ano anterior; o que supuxo depositar máis de 190.000 envases cada día ou 330 envases por minuto

11/03/22 | 11:19

A Xunta asesora ao concello da Peroxa sobre o proceso de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Durante a xuntanza, analizáronse as principais características territoriais do termo municipal ourensán, que conta cunha gran diversidade de núcleos de poboación

07/03/22 | 16:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Leiro en actuacións destinadas a garantir a protección do medio ambiente

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, coñeceu hoxe varios dos proxectos levados a cabo no concello ao abeiro das axudas da Vicepresidencia Primeira

07/03/22 | 14:08

A bonificación do canon de Sogama durante os últimos tres anos aforrou aos galegos máis de 9,7 M€

Para 2022, este aforro poderá superar os 11 M€, xa que, á bonificación do 10%, engádese a rebaixa do 5% que a empresa pública aplicará a todos os concellos adheridos ao seu sistema de xestión, coa particularidade de que non se computará o IPC correspondente

07/03/22 | 13:14

A Xunta destinará 2 M€ a unha nova convocatoria do programa Rexurbe co fin de adquirir inmobles para rehabilitar e construír vivendas protexidas

Ferrol será un dos municipios nos que a Consellería ten intención de mercar este ano máis edificios en estado de abandono ou deteriorados, que se sumarán aos 19 inmobles adquiridos xa en Ferrol Vello no marco de convocatorias anteriores

04/03/22 | 12:50

A Xunta e o Concello de Carballedo investirán 113.000€ na humanización dos accesos á ruta de Salgueirón

A actuación urbanística, que se enmarca nos obxectivos do plan Hurbe, incluirá o acondicionamento de varios camiños locais no lugar da Barrela, capital do municipio