Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

07/09/22 | 12:52 | Secretaría Xeral de Emigración

Unha xornalista galega retornada deseña campañas web de acción social para organizacións internacionais dende Vigo apoiada pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, coñeceron hoxe a iniciativa dunha viguesa, retornada dos Estados Unidos, que puxo en marcha unha empresa

30/08/22 | 12:48 | Secretaría Xeral de Emigración

As cores da artesanía galega locen no mundo pola arte dunha retornada apoiada pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, coñeceron hoxe a iniciativa dunha retornada do Reino Unido que crea vidreiras e recibiu 8.000 euros a través das axudas de emprendemento deste departamento autonómico

19/08/22 | 14:54 | Secretaría Xeral de Emigración

Galicia e Castela e León poñen en marcha proxectos conxuntos de apoio aos cidadáns do exterior e aos retornados

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Acción Exterior en Castela e León, Fernando Rubio Ballestero, mantiveron unha reunión na que se abordaron cuestións como a colaboración conxunta de entidades de ambas comunidades no exterior, a ampliación das liñas de apoio aos cidadáns do exterior e a potenciación do ámbito virtual para dinamizar os centros e ofrecer máis e mellor información a través das páxinas web e redes institucionais

29/07/22 | 16:12 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta destaca que os últimos datos do IGE manteñen o valor positivo do saldo migratorio en Galicia

O Instituto Galego de Estatística fixo público nas últimas horas o seu balance de Indicadores Migratorios onde se destaca, entre outros datos, que en 2021 a diferencia entre as entradas e saídas de persoas en Galicia presentou un valor positivo de 14.448 cidadáns
 

22/07/22 | 11:16 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración colabora coas entidades do exterior para ter unha modernización continua e dar a mellor imaxe de Galicia en todo momento

O secretario xeral da Emigración visitou a reforma realizada no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Bos Aires que o converten nun lugar de referencia como imaxe dunha Galicia moderna

22/07/22 | 10:03 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda trasladou aos representantes do CRE de Bos Aires o apoio social realizado pola Xunta a prol da colectividade galega en Arxentina así como o labor pioneiro no eido do retorno

O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión cos representantes do Consejo de Residentes Españoles da capital arxentina cos que tamén analizou outras cuestións de actualidade como a tramitación da nova lei electoral ou o compromiso de seguir a traballar pola modificación da lei da nacionalidade dos descendentes

Dende Emigración destacan que Arxentina segue a ser o país do mundo con maior número de galegos que optan por solicitar unha bolsa de excelencia Mocidade Exterior Beme para realizar un curso de máster en Galicia, con 302 solicitudes presentadas para el próximo curso, o que supón case o 57% do total
 

19/07/22 | 14:25 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración facilita a consolidación en Galicia de máis de 100 novos negocios anuais de emigrantes retornados a través do programa Merlo

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, destacou o éxito da anterior convocatoria de mentorización