Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

03/11/22 | 15:08 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta pacta cos sindicatos un novo acordo para desenvolver a carreira administrativa dos empregados públicos

Resalta que o obxectivo é “impulsar a motivación e a formación continua” dos traballadores a través de complementos que se irán aplicando a medida que progresen na súa carreira

03/11/22 | 14:59 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba a suba adicional do 1,5 % das retribucións dos empregados públicos autonómicos para compensar os efectos da inflación

Rueda explicou que este incremento aplicarase “con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2022” e calcularase sobre as retribucións vixentes en 31 de decembro de 2021

27/10/22 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Luis López defende os investimentos da Xunta no Deza e aclara que Silleda, Cruces, Agolada e Forcarei teñen agora en marcha accións por 4,5 M€

O delegado territorial asegura “non entender as críticas dos catro alcaldes, agás que se enmarquen en accións partidistas propias do período preelectoral das municipais” e lamenta que non dispoñan de máis fondos para emprego “porque non solicitan os obradoiros”
 

26/10/22 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o valor para Galicia da política de cohesión europea

Unha nova edición do ciclo de encontros FGE | NextGeneratiOn Galicia reúne a funcionarios europeos e galegos antes da posta en marcha dun novo período financeiro para a execución dos fondos estruturais

24/10/22 | 16:38 | A Presidencia da Xunta

A Xunta e o Concello de Lugo avanzan no remate de infraestructuras e actuacións claves para a cidade

Rueda anuncia a intención de que a infraestrutura “vital” da Rolda Leste, para a que xa hai orzamentados 6 millóns de euros en 2023, estea rematada en tres anos
 

21/10/22 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o apoio ao eido local galego cun incremento superior ao 15% nos orzamentos de 2023

Anunciouno hoxe o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes nunha visita ao concello ourensán de Castrelo de Miño, onde o Goberno galego vén de colaborar na adquisición dunha máquina escavadora

19/10/22 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
18/10/22 | 14:41 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o orzamento máis alto da historia, que ascende a 12.620 M€, con medidas de impulso para apoiar as familias e as empresas e fortalecer os servizos públicos

Enmarca estas contas públicas na “obriga” que teñen as administracións, no actual contexto económico, de axudar á xente a afrontar as dificultades e de que os esforzos se repartan de xeito xusto e equitativo
Lembra que Galicia é unha das primeiras comunidades en aprobar os seus orzamentos para 2023 e se consolida “como referente de prudencia financeira”