Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

17/12/22 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que a homenaxe a Álvaro Cunqueiro na Insua dos Poetas reforza este espazo como referente da lingua e a cultura galegas

Inaugurou a peza escultórica realizada por Tatiana R. Fírvida que sitúa ao escritor mindoniense no universo creado pola Fundación Insua dos Poetas para honrar aos clásicos das letras galegas

16/12/22 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a figura do Matemático de Bermés como “un persoeiro elemental da historia científica de Galicia”

Felicita ao autor por traducir o traballo de Xosé Rodríguez a termos comprensibles para todos os públicos e fai un chamamento para reivindicar a aqueles persoeiros que contribuíron a poñer Galicia no mapa da ilustración, da ciencia e do progreso

16/12/22 | 11:59 | A Presidencia da Xunta

Inaugurada a exposición ‘O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia 1981-2021’ na Casa de Galicia en Madrid

A exposición inclúe a Proposta de Consello de Galicia, documento manuscrito de Castelao datado de 1943

16/12/22 | 10:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o Nadal con preto dun centenar actividades para toda a familia nas súas bibliotecas e museos

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades programa un amplo abano de actividades para as vacacións con sesións de contacontos, obradoiros e visitas guiadas
 

15/12/22 | 16:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Concello de Ames programa 12 novas actuacións escénicas no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios que cofinancia a Xunta de Galicia

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación da carteleira de teatro e danza que terá lugar entre xaneiro e abril nos auditorios de Bertamiráns e do Milladoiro

15/12/22 | 12:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O espectáculo ‘Política Sentimental’ arranca a súa xira dentro da programación da Xunta polo centenario de María Casares

Protagonizada por Sabela Hermida e Germán Torres, a peza recrea a relación entre Albert Camus e María Casares en Francia

14/12/22 | 20:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remodela a sala dos gravados de Goya no Museo de Belas Artes

O coruñés é un dos poucos centros que conta nos seus fondos cunha colección íntegra de gravados do pintor, con 233 estampas