Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Novas tecnoloxías:

16/09/22 | 14:37 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta achega as aplicacións prácticas da intelixencia artificial á cidadanía a través dunhas xornadas formativas

A formación está destinada a persoas maiores de 55 anos que poderán coñecer as aplicacións prácticas da IA e a súa capacidade para mellorar o día a día

28/08/22 | 11:05 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sensibiliza contra as noticias falsas e ciberataques nun ciclo de charlas formativas nas aulas CeMIT

A formación está especialmente destinada a persoas maiores, mais poden inscribirse persoas de todas as idades

21/08/22 | 13:55 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e o sector TIC continúan no terceiro trimestre coas actividades de fomento das vocacións tecnolóxicas e o impulso do talento para a incorporación ao mercado laboral

Neste terceiro trimestre do ano continúan os encontros virtuais dos webinars TransformaTech Sessions na súa modalidade Talento Xove

19/08/22 | 13:11 | C. de Sanidade

A Xunta aposta pola dixitalización da saúde pública, coa promoción do software de xestión de laboratorio para esta Dirección Xeral da Consellería de Sanidade

O proxecto conta cun presuposto base de licitación que supera os 400.000 euros; outras liñas de traballo fan alusión á axilización dos procesos e a mellora da eficiencia en todo o sistema vencellado á saúde pública

18/08/22 | 12:23 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e a Fundación GoodJob colaboran na inclusión laboral de persoas con discapacidade no ámbito da ciberseguridade

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia apoiará o Programa #include a través do nodo galego de ciberseguridade CIBER.GAL
 

17/08/22 | 12:49 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda longa a persoas vulnerables

Ábrese así o proceso de inscrición das entidades colaboradoras, dirixido a operadores de telecomunicación e empresas que ofrezan servizos de internet, que terán de prazo ata o 19 de setembro para presentar a súa solicitude

19/07/22 | 14:35 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O primeiro ano da Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou máis de 300 millóns de euros na transformación dixital da comunidade

Cómpre destacar que deste orzamento total preto de 113 millóns de euros corresponden a capital privado
 

07/07/22 | 15:28 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia disporá dun dos primeiros computadores cuánticos do sur de Europa

O presidente resalta que obxectivo da Xunta é afianzar a Galicia “coma un referente neste tipo de tecnoloxía”

03/07/22 | 10:43 | C. de Facenda e Administración Pública

O Centro Gaiástech presenta o mapa de capacidades dixitais de Galicia que conta xa con máis de 250 entidades

O Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia é un directorio de axentes tecnolóxicos de Galicia con experiencia, coñecemento e competencias dixitais, especialmente nas tecnoloxías disruptivas.