Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

18/09/20 | 12:18

Medio Ambiente fallará no mes de decembro os galardóns da terceira edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presidiu esta mañá a reunión do xurado destes premios, que recolle catro modalidades de galardóns e teñen unha dotación global de 24.000€

16/09/20 | 12:07

Medio Ambiente destaca que en menos de catro anos se dispuxeron máis de cen inmobles ao abeiro do programa de rehabilitación de antigas vivendas de mestres

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que o Concello pode iniciar os trámites de adxudicación das vivendas rehabilitadas entre os inscritos no Rexistro único de demandantes de vivenda

09/09/20 | 11:59

A Xunta e o Colexio de Administradores de Fincas presentan unha guía de pautas fronte á covid para poder celebrar xuntas veciñais

Entre as recomendacións de carácter preventivo do protocolo figuran evitar reunirse en lugares que dificulten manter as distancias de seguridade, como garaxes, portais ou zonas de paso, establecer sistemas de control de acceso, distribuír o espazo para que todos os asistentes poidan estar sentados e garantir medidas de hixiene, limpeza e desinfección adaptadas ao actual contexto sanitario

03/09/20 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O CCVV inicia o proceso de adxudicación da vivenda situada no segundo andar da rúa Real 25 por importe de 147.360 euros

Segundo indicou a presidenta do Consorcio Casco Vello e delegada territorial en funcións da Xunta, Marta Iglesias, o Comité acordou hoxe solicitar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo o inicio do proceso de selección dos adxudicatarios

27/08/20 | 13:04

As vivendas modulares de Cenlle serán o inicio dun novo barrio sostible e acolledor para seis familias

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións supervisou esta maña as obra de construción destas vivendas unifamiliares, onde tamén se levarán a cabo traballos de urbanización do ámbito

14/08/20 | 11:23

A Xunta reparte preto de 2,7 millóns de euros entre 17 concellos destinados a recuperar ás súas Áreas de Rehabilitación Integral

Poderán beneficiarse das axudas os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazadas no ámbito das ARI que as rehabiliten

23/07/20 | 17:07

O director xeral do IGVS e o alcalde de Coristanco reuníronse para avanzar na planificación do parque empresarial do municipio

Os próximos pasos serán confirmar a demanda por parte dos empresarios e as necesidades de conexións exteriores do polígono

22/07/20 | 14:55

Alfoz convértese no concello número 86 en adherirse á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o rexedor Jorge Val asinaron esta mañá o convenio en virtude do cal o municipio lucense delega na APLU as súas competencias en materia de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística

10/07/20 | 11:10

A Xunta destina preto de 278.000 euros á reparación e mellora de vivendas de promoción pública no Concello de Mugardos

Licitadas as obras de remate do tellado inclinado colocado nun grupo de nove vivendas co obxectivo de evitar a filtración da auga de chuvia e reparacións no interior dos inmobles afectados polas filtracións

09/07/20 | 15:44

Medio Ambiente e empresarios da construción colaborarán por oitavo ano consecutivo para incentivar a rehabilitación en Galicia

Ángeles Vázquez asina un convenio coa Asociación de Empresarios de Materiais da Construción co obxectivo de dar a coñecer entre profesionais, particulares e comunidades veciñais os programas para a recuperación de inmobles do IGVS