Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

22/05/20 | 11:00

As familias vulnerables beneficiarias das axudas do Bono Alugueiro Social teñen garantido o 100% do custo da súa vivenda ata finais de ano

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se estipula que os perceptores do Bono de Alugueiro Social non terán que aboar nada pola renda da súa vivenda durante o que queda de 2020

22/05/20 | 10:37

Medio Ambiente convoca axudas ao alugueiro de vivenda por case 8 millóns de euros que poderán solicitarse desde o vindeiro luns 25 de maio

Están destinadas ao pago do alugueiro da vivenda habitual de persoas en situación de vulnerabilidade como consecuencia da covid-19

20/05/20 | 12:52

Reiniciase o cómputo dos prazos para a presentación de solicitudes de cinco liñas de axudas de rehabilitación e fomento da vivenda en alugueiro

Os prazos das liñas de incentivos, suspendidos a causa do Estado de alarma, volven a contarse a partir de mañá

19/05/20 | 13:19

Medio Ambiente convocará nas vindeiras semanas as axudas para intervir na área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra

Trátase dunha das 10 iniciativas incluídas no Plan de Acción Estratéxico do Goberno galego para a Ribeira Sacra

15/05/20 | 17:45

A Xunta destinará 8 millóns de euros ás axudas extraordinarias ao alugueiro para persoas vulnerables por causa do COVID-19

Feijóo afirma o Goberno galego xa indicou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que a dotación orzamentaria resulta claramente insuficiente para atender o volume de potenciais beneficiarios

05/05/20 | 12:15

Xunta e fabricantes de ladrillos e tellas analizan medidas para reactivar a construción tras o estado de alarma

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha videoconferencia cos responsables da asociación que aglutina a este sector en todo o país

25/04/20 | 16:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta flexibiliza as obras no interior de edificios e os desprazamentos a hortas de autoconsumo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a sétima reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), onde tamén participan a Delegación do Goberno e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

23/04/20 | 11:16

A Xunta destinará este ano 850.000 euros ás axudas para a nova área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se declara esta ARI, que comprende 25 concellos de Lugo e Ourense