Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

28/02/20 | 17:38

Medio Ambiente solicita a colaboración aos Administradores de Fincas para executar o 100% dos fondos reservados ás axudas en materia de vivenda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión con representantes e asociados do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia, aos que lles trasladou que esta mesma semana o Diario Oficial de Galicia publicou cinco ordes de axudas por un importe global de 8,25 millóns de euros

26/02/20 | 12:50
26/02/20 | 11:31

A Xunta destina case dous millóns a axudar aos concellos a rehabilitar vivendas de titularidade municipal e infravivendas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas dúas liñas de subvención, que buscan facilitar que os municipios máis pequenos poidan dotarse dun parque público residencial en réxime de alugueiro

19/02/20 | 15:11

Medio Ambiente e Concello de Laxe estudarán posibles vías de financiamento para rehabilitar tres antigas vivendas de mestres

A conselleira Ángeles Vázquez mantivo unha reunión esta mañá co alcalde José Luis Pérez, quen lle trasladou tamén a súa intención de que o municipio se adhira este ano ao programa de vivendas baleiras da Xunta

18/02/20 | 12:24

Ángeles Vázquez recorda que as axudas ao Bono de alugueiro social se poden solicitar ata finais de ano

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo entrega esta mañá dunha vivenda de promoción pública a unha familia que perdeu a súa vivenda nun incendio, polo que as políticas da Xunta nesta materia responden ao obxectivo de facilitar a vida aos galegos

15/02/20 | 15:35

Medio Ambiente destaca o papel dos administradores de fincas para mellorar a calidade de vida e os servicios ás comunidades de veciños

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda clausura as II Xornadas galegas Teresa Cotelo Souto, onde salientou a importancia de que os cidadáns coñezan as axudas públicas para mellorar as súas vivendas

06/02/20 | 13:40

Medio Ambiente convoca dous programas de axudas por preto de tres millóns para fomentar a promoción de vivendas en alugueiro

A partir de mañá os interesados poderán acollerse a estas subvencións, cuxo prazo de solicitude permanecerá aberto durante os próximos dous meses

06/02/20 | 13:13

Medio Ambiente destinará este ano 300.000 euros á subsidiación de préstamos para rehabilitación de vivendas e edificios residenciais

A partir de mañá os interesados poderán optar a acollerse a este programa, cuxo prazo de solicitude permanecerá aberto ata o día 30 de setembro

05/02/20 | 17:57

Case dous millóns de euros recadados por sancións en materia de vivenda foron destinados á concesión de axudas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda informou esta tarde da actividade inspectora realizada en vivenda protexida na Comunidade no 2019, que se pechou con máis de 2.000 inspeccións no conxunto de Galicia

04/02/20 | 13:28

Os menores de 35 anos que desexen adquirir unha vivenda nun centro histórico ou nun concello de menos de 5.000 habitantes poderá acceder a unha axuda de ata 12.800 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria desta dúas liñas de acceso a unha vivenda, que se poden solicitar ata o 30 de setembro ou ata que ese esgote o crédito