Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xuventude:

08/07/21 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias acompaña a saída dos instagrammers que ata o domingo percorrerán catro etapas do Camiño portugués

Gala González, Martiño Rivas, Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras, que suman 4 millóns de seguidores, partiron hoxe desde Redondela no marco da campaña da Xunta para divulgar o Camiño de Santiago entre a mocidade

07/07/21 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta louva a iniciativa turística de Repsol para proporcionar o Camiño de Santiago a través das redes

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu ao Equipo Repsol Honda á súa chegada á praza do Obradoiro, onde a moto de Marc Márquez quedou exposta ata o mediodía para desfrute dos afeccionados

07/07/21 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lanza un cento de stikers e gifs para divulgar o Xacobeo e o Camiño nas redes sociais

Ademais dos recursos dixitais que axudarán a narrar as experiencias dos camiñantes, os peregrinos poderán botar man de Cunchiña, a mascota do Xacobeo nas redes sociais

06/07/21 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de mellora do Camiño Francés na Avenida de Lugo e no cruce dos Concheiros fará necesario un desvío do tráfico a partir do venres

O obxectivo de rematar as principais actuacións a finais deste mes fai preciso o axuste no tráfico desde a primeira hora do venres

06/07/21 | 14:28

A Xunta e Ecoembes colaboran no fomento da reciclaxe desde os albergues para contar cun Camiño seguro e sostible este Xacobeo 21-22

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou hoxe na presentación da campaña 2021 ‘Camiño da reciclaxe’

30/06/21 | 22:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda recolleu en Málaga o Premio de Turismo que o diario La Razón otorgou ao Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta animou a participar na experiencia “única” do Xacobeo no marco do dobre Ano Santo 2021-22

30/06/21 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro destaca a reactivación do Camiño e o alto nivel de cumprimento do seu plan estratéxico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu no Parlamento de Galicia par dar conta dos avances no Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago, que remata este ano

30/06/21 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Éxito da xornada de portas abertas no albergue de peregrinos de Vigo con máis de 400 visitas e a participación de preto 200 nenos e nenas nos talleres

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destaca a grande aceptación da programación proposta con motivo da apertura do novo aloxamento no Berbés, o primeiro da rede pública do Camiño Portugués da Costa

30/06/21 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado ambiental no Camiño de Santiago

A súa finalidade é dar a coñecer o rico patrimonio natural de Galicia e favorecer a súa preservación