Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

17/10/22 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aumenta o Fondo de Cooperación Local adicional un 135% ata case 30,5 M€

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e mais o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, mantiveron hoxe un encontro con representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias

16/10/22 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala a importancia do Semestre Europeo e o aliñamento de Galicia coas recomendacións dadas a España

O Goberno galego tomou nota das recomendacións específicas dadas pola UE a España e comprométese a cumprilas, ademais de avanzar na execución do Plan Nacional de Recuperación e Resiliencia
 

14/10/22 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora dos locais sociais das asociacións veciñais de Cinxe e Couxela, en Ribadeo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe os edificios aos que se destinaron preto de 30.000 euros para a mellora da accesibilidade e do equipamento, entre outras accións

13/10/22 | 14:22 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta tramitará unha lei para axilizar e dotar de seguridade xurídica os procesos de estabilización galegos

O vicepresidente primeiro subliña que facilitará convocar todos os procesos ao abeiro da Lei 20/2021 “ante de que finalice este ano”

10/10/22 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executará ou activará 15,7 M€ en investimentos no que resta deste ano no concello do Porriño

Os delegados territoriais de Vigo e Pontevedra, Marta Fernández-Tapias e Luis López, presidiron esta mañá a primeira sesión conxunta das dúas Comisións Territoriais de Coordinación de ambas áreas na casa consistorial do Porriño, onde foron recibidos polo alcalde, Alejandro Lorenzo, ao que informaron das vindeiras actuacións

08/10/22 | 11:46 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta acada a certificación do esquema nacional de seguridade en varios sistemas de información

A Administración autonómica acadou dúas certificacións en ambos sistemas de información que dan soporte ás actividades do Fondo Galego de Garantía Agraria

04/10/22 | 11:39 | C. de Facenda e Administración Pública

Expertos nacionais do control público analizan como auditar de xeito eficaz á Administración nun curso superior organizado pola Xunta de Galicia

A Escola Galega de Administración Pública inaugurará mañá mércores o curso no que participarán, entre outros, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o conselleiro da Área Institucional do Consello de Contas de Galicia, Anxo Calvo Silvosa, e o interventor e auditor-director técnico en funcións do Consello de Contas de Galicia, Ulpiano Villanueva Rodríguez
 

02/10/22 | 10:00 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pon en marcha o teléfono específico de atención administrativa xeral e preferente para as persoas maiores de 65 anos

Esta iniciativa está orientada a proporcionar unha atención máis personalizada, ademais de apoiar a independencia dos maiores
 

29/09/22 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o asociacionismo no eido local cun investimento en axudas específicas de case 16 M€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, compareceu hoxe no Parlamento para dar conta dos resultados da medida posta en marcha en 2016 e destinada a entidades veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas