Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Auga:

28/10/22 | 19:10 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece aos voluntarios europeos do programa XacobeAndo o seu apoio ao Camiño

A través desta iniciativa, arredor de 80 mozas e mozos procedentes de oito países distintos realizaron desde o pasado verán actividades nas rutas Xacobeas en tres ámbitos: Camiño inclusivo, Camiño sostible e Camiño dixital

28/10/22 | 18:30 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro participa nas xornadas levadas a cabo por TurisLab onde se analiza a importancia do Camiño no eido económico e social de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nas xornadas que terán lugar hoxe e mañá en Padrón

26/10/22 | 13:40 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social destaca o papel do voluntariado na promoción das diferentes rutas xacobeas

Persoas voluntarias de Letonia, Italia, Estonia, Grecia e España participaron en actividades interculturais con alumnado de Primaria do centro escolar Manuel Respiro

26/10/22 | 13:37 | A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza a aposta da Xunta por impulsar o Camiño de Santiago como un modelo de turismo familiar e sustentable

Apunta que gran parte do “éxito espectacular” do Xacobeo 21-22 foi conseguir que moita rapazada fixese o Camiño e erixe os máis novos como “futuros impulsores da marca Galicia”

25/10/22 | 10:11 | A Presidencia da Xunta

A Casa de Galicia en Madrid presenta gastronomía de calidade, Xacobeo e alta velocidade, as grandes bazas de Xantar 2022

A 2 horas 15 minutos en tren da capital española, o 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico convértese nunha motivación turística en si mesma e por iso presentouse onte na Casa de Galicia en Madrid ante medio centenar de medios de comunicación e profesionais do sector do turismo e hostalaría.
 

22/10/22 | 21:47 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro clausura o Congreso Iacobus Mundi, un encontro artellado ao redor do Camiño de Santiago, que reuniu a representantes de 17 cidades e 7 territorios xacobeos do mundo

O encontro tiña como finalidade poder intercambiar saberes e experiencias na xestión da mobilidade dos fluxos de peregrinación e turismo

21/10/22 | 14:25 | C. de Economía e Industria

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na 10ª etapa do proxecto Galicia Camiño Emprendedor

Gabriel Alén sinalou que a finalidade é apoiar ás persoas que teñen en mente iniciar un proxecto empresarial mediante un proceso de mentoring a través da realización das etapas do Camiño de Santiago

21/10/22 | 11:35 | A Presidencia da Xunta

Rueda pon o Camiño de Santiago como exemplo de turismo respectuoso co medio ambiente e coas tradicións dos territorios e cidades que percorre

Salienta o espírito tolerante do peregrino e a esencia enriquecedora do fenómeno xacobeo, “que se mantén invariable ao longo dos tempos”

19/10/22 | 11:21 | A Presidencia da Xunta

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de ‘Camiño Visor Primitivo’ dentro do programa ‘O teu Xacobeo’

Pablo Fernández, realizou a presentación do proxecto “Camiño Visor Primitivo” xunto ao director da Casa de Galicia, Juan Serrano