Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 108 novas da área temática Cooperación:

17/02/22 | 16:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na reunión da Comisión Interterritorial de Cooperación para o desenvolvemento

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou no encontro convocado pola Secretaría de Estado de Cooperación Internacional para debater o Anteproxecto de lei de cooperación para o desenvolvemento sostible e a solidariedade global

10/02/22 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a eficacia da Eurocidade Tui-Valença para optimizar recursos e servizos en favor da veciñanza aos dous lados da fronteira

Con motivo do 10º aniversario da Eurocidade Tui-Valença, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor os logros acadados neste decenio e animou a seguir traballando polos intereses comúns da cidadanía á beira do Miño

20/01/22 | 14:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, Congacode, aprobou o Plan anual 2022 da cooperación galega

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, presidiu a reunión, na que tamén se fixo balance do plan de 2021 que foi executado ao 100%

20/12/21 | 12:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) para atender as urxencias derivadas da covid-19 nos campos de refuxiados

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, asinou hoxe coa ONGD unha addenda ao convenio de colaboración deste ano para incrementar o orzamento do acordo en 39.000 euros, o que suporá un investimento total de 139.000 euros

19/12/21 | 10:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para a posta en marcha dunha intervención de emerxencia para a mellora da saúde das mulleres afectadas pola guerra en Etiopía

A intervención consiste na mellora do centro de saúde da cidade de Dessi, que se dotará do material necesario para atender ás mulleres embarazadas

16/12/21 | 17:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias explica que a Xunta destinará 7,8M€ a programas de cooperación para o desenvolvemento no 2022

O delegado territorial de Lugo gabou o papel das Organizacións Non Gubernamentais que traballan neste eido durante a presentación da mostra De oficio defensoras

19/11/21 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a cooperación transfronteiriza coa incorporación a Ariem+ da ferramenta Ariem-Web

Ariem-Web permite tomar decisións a través do intercambio de información sobre a xestión das emerxencias en tempo real