Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

05/11/22 | 16:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

05/11/22 | 14:22 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca os valores das agrupacións de Protección Civil para que Galicia siga avanzando como sociedade moderna e solidaria

“É moi gratificante ver que cada vez que se convoca a Protección Civil, cada vez que fai falta, aí estades”, dixo no acto que tivo lugar na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp)

04/11/22 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coordina un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior da empresa Masol Iberia Fuel, no porto exterior de Ferrol

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron na actuación para comprobar a coordinación en caso de emerxencia real e mellorar a resposta

31/10/22 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta despregará desde mañá un dispositivo de 390 profesionais, 80 vehículos e 5.400 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas estradas autonómicas ante as inclemencias do tempo

Vázquez Mourelle presenta o Plan de Vialidade Invernal, que estará operativo desde mañá nas provincias de Ourense e Lugo, mentres que nas da Coruña e Pontevedra comezará o 15 de novembro, estendéndose ata o 30 de abril

31/10/22 | 10:43 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 62 persoas por 44 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 28 de outubro ata as 23,59 horas do domingo, 30 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 57 chamadas por accidentes de tráfico

27/10/22 | 10:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece en colaboración coa UIFO un incendio forestal intencionado no concello coruñés de Ribeira

O lume, rexistrado o pasado setembro, afectou 6.800 metros cadrados de superficie arborada no lugar de Palmeira

26/10/22 | 10:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O 112 Galicia colabora co ministerio do interior para probar o sistema de avisos á poboación ES-Alert

Mañá xoves 27 de outubro, ensaiarase o sistema de alertas co que os avisos chegarán directamente ao teléfono móbil dos cidadáns afectados por unha posible emerxencia ou catástrofe

25/10/22 | 10:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o Xeoportal de Protección Civil de Galicia con información sobre riscos colectivos e plans de protección

A nova ferramenta facilitará o acceso a estes recursos por parte da cidadanía, dos servizos de emerxencia, dos concellos e das empresas suxeitas á normativa de autoprotección
 

22/10/22 | 10:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 1 M€ en 2023 á dotación de equipamento dos servizos de emerxencias dos concellos

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, asistiu hoxe á ‘VI Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil´, na que participaron máis de 500 efectivos de 82 asociacións de España e Portugal

21/10/22 | 15:54 | A Presidencia da Xunta

A Xunta e o Concello de Santiago avanzan en acordos en materia de mobilidade, emerxencias e turismo

Rueda anuncia que se deron os “pasos definitivos” para facer realidade a comarcalización do Parque de Bombeiros o vindeiro ano