Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Novas tecnoloxías:

02/07/22 | 15:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia á biotecnolóxica Oncostellae para que avance nos ensaios clínicos con novos compostos farmacéuticos

A través de XesGalicia concede un préstamo participativo de ata 500.000 euros

02/07/22 | 13:26 | C. de Facenda e Administración Pública

Universidades, fundacións e cámaras trasladan á Xunta a importancia dunha intelixencia artificial ética e supervisada nunha comunidade coa singularidade demográfica de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia mantén encontros con todos os grupos de interese para reforzar as opcións da nosa Comunidade para acoller a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial

30/06/22 | 14:34 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A directora da Amtega destaca a importancia de Galicia como campo de probas da tecnoloxía 5G tras acoller 30 experiencias piloto

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) destaca como obxectivos que os operadores avancen no despregamento e os sectores produtivos poidan aplicar as solucións aportadas polos proxectos piloto

28/06/22 | 13:19 | C. de Facenda e Administración Pública

As empresas de Galicia están entre as que más utilizan en España tecnoloxías como internet das cousas ou intelixencia artificial

O uso da Intelixencia Artificial das empresas de 10 ou máis persoas empregadas acada o 10,2%, e supera a media estatal (8,3%) en case dous puntos porcentuais

24/06/22 | 14:11 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

As empresas colaboradoras de Ciber.gal poderán facer uso gratuíto dunha plataforma que facilita a incorporación de requisitos de ciberseguridade en proxectos industriais

Grazas a un acordo asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o CCI, as entidades adheridas ao Nodo Galego de Ciberseguridade poderán empregar esta plataforma en ata tres proxectos de xeito gratuíto

22/06/22 | 09:09 | C. de Facenda e Administración Pública

As asociacións galegas de software libre realizarán este ano máis de 20 actuacións en colaboración coa Xunta

Un ano máis promoverán a difusión e o fomento do software e hardware libre a través de encontros, charlas, obradoiros e publicación

21/06/22 | 15:08 | C. de Economía e Industria

Galicia posiciónase na feira Expodrónica como referente para investir na industria dos sistemas non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe á presentación da Civil UAVs Initiative neste encontro dentro do World ATM Congress, un dos principais eventos profesionais do sector dos drons

19/06/22 | 12:57 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta recibe aportacións da cidadanía para a aplicación que permitirá o acceso aos servizos da administración desde dispositivos móbiles

A “Xunta no móbil” é un dos obxectivos da estratexia Galicia Dixital 2030 e do Plan de Administración e Goberno Dixital 2025 para facilitar e estender o uso dos servizos dixitais

17/06/22 | 15:08 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia inviste máis de 50 millóns de euros en acordos marco para avanzar na automatización de procesos e na incorporación de tecnoloxías avanzadas na administración a través de servizos na nube

Estes investimentos veranse reforzados co novo Plan de Administración e Goberno dixital 2025, que aprobará proximamente o Goberno galego