Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

23/11/22 | 13:09 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia engrandece a súa proposta enogastronómica con 18 estrelas Michelin en 16 establecementos

Estas novas estrelas sitúan á nosa comunidade como destino enogastronómico de referencia, tanto a nivel nacional como internacional

22/11/22 | 15:14 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a ruta WAP do Camiño de Santiago de Madrid coma un atractivo para reforzar a unión entre esta comunidade e Galicia a través do Xacobeo

Resalta que os madrileños representan o 10% dos peregrinos que este ano acadaron a compostela e o 20% do total de turistas nacionais que visitaron Galicia

18/11/22 | 14:40 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca a importancia do turismo naútico sostible para a nosa comunidade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu á sinatura do protocolo de creación da Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Náuticos Sostibles de España

17/11/22 | 17:57 | C. de Política Social e Igualdade

O centro LUG2 da Xunta premiado pola Red Española de Albergues Juveniles por un proxecto para a mellora da accesibilidade

O albergue lucense tamén recibiu o Selo Compromiso co que esta entidade certifica a calidade das súas instalacións e o seu compromiso tanto social como medioambiental

17/11/22 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a 15 axencias de viaxe das comarcas de Santiago, Barbanza e Costa da Morte con máis de 110.000 € para axudar ao desenvolvemento das súas actividades

A convocatoria deste ano para este sector contou cun ozamento de 650.000 euros para gastos derivados da creación do produto e/ou comercialización do destino Galicia e gastos derivados da transformación dixital

16/11/22 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o Gastro Movida Summit Xacobeo como “escaparate” para converter Vigo en “punto de encontro” dos profesionais e promover o turismo gastronómico

A delegada da Xunta en Vigo presentou no restaurante Centeno do Centro Vialia o evento que unirá na cidade a máis de 30 establecementos

16/11/22 | 12:13 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro destaca as cifras históricas acadadas este verán en Galicia tanto en chegada de turistas como de peregrinos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu no Parlamento de Galicia para dar conta do balance dos datos turísticos acadados este verán na nosa comunidade
 

15/11/22 | 15:02 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor o éxito do Bono Turístico 2022, que acada máis de 1,1 millóns de euros de gasto nos establecementos hoteleiros galegos

A directora de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Lugo visitaron axencia de viaxes dixital “Siente Galicia”, unha das axencias adheridas ao bono turístico

12/11/22 | 13:13 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta o valor turístico do visor ‘A paisaxe de Galicia desde a bicicleta’, que propón 2.300 km a través de 52 rutas pola Comunidade

Destaca as ofertas paisaxísticas, culturais ou gastronómicas para desfrutar de Galicia tamén no outono