Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

05/02/20 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social difunde os seus programas en materia de xuventude no campus de Ourense a través dos Correspondentes universitarios

Este curso universitario están inscritos neste programa 72 mozas e mozos das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela

04/02/20 | 18:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta acorda ceder o albergue xuvenil de Portomarín ao Club Fluvial de Lugo cando non haxa campamentos

O centro acolle campamentos de verán desde o 15 de xuño ao 5 de setembro

04/02/20 | 13:28

Os menores de 35 anos que desexen adquirir unha vivenda nun centro histórico ou nun concello de menos de 5.000 habitantes poderá acceder a unha axuda de ata 12.800 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria desta dúas liñas de acceso a unha vivenda, que se poden solicitar ata o 30 de setembro ou ata que ese esgote o crédito

03/02/20 | 11:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A participación no Voluntariado de Lectura das bibliotecas escolares da Xunta de Galicia medra arredor dun 20%

A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e enmárcase no programa Bibliotecas Escolares Solidarias

01/02/20 | 10:23 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a extensión do Carné Xove para os mozos da diáspora que poderán beneficiarse das súas vantaxes en Galicia, España e Europa

Precisa que poderán acceder a esta tarxeta os mozos de 12 a 30 anos con nacionalidade española, veciñanza civil galega e que residan fóra de Europa

26/01/20 | 11:11 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha un novo programa de voluntariado para o acompañamento en hospitais e centros de saúde

Mañá luns ábrese o prazo de inscrición neste programa de humanización para as áreas sanitarias de Lugo e Ourense

23/01/20 | 13:20 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social destaca que Galicia acadou por primeira vez as 9000 persoas voluntarias activas

O Goberno galego cumpre cos obxectivos do Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 ao acadar as 1000 entidades e as 40.000 persoas inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria

22/01/20 | 15:09 | C. do Medio Rural

A Xunta traslada ao Goberno central a súa petición de melloras fiscais nas axudas para a incorporación de mozos ao agro

José González propúxolle ao ministro de Agricultura que traslade o asunto ao novo Executivo, de forma que esta cuestión se poida ter en conta xa na negociación dos Orzamentos Xerais do Estado de 2020 e se modifique a lei do IRPF

10/01/20 | 18:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago acolle unha exposición cos graffitis premiados e finalistas do programa Xuventude Crea 2019

As obras dos mozos finalistas e gañadores poderanse visitar neste centro compostelán desde hoxe ata o 8 de febreiro

07/01/20 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que case 1.000 mozos de 19 e 20 anos xa se fixeron beneficiarios nesta primeira semana do ano da tarxeta Xente Nova, que permite realizar viaxes gratuítas no autobús interurbano

Vázquez Mourelle salienta que o Plan de transporte público de Galicia, que estará culminado este ano, estenderá o uso deste dispositivo aos menores de 21 anos de toda a comunidade ata cubrir o 100% das liñas de autobús da Xunta