Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo para a mellora do sistema de saneamento do concello de Rodeiro
A Plataforma de contratos de Galicia recolle a licitación desta actuación por un importe superior aos 113.500 euros
A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria das primeiras axudas para a mellora da calidade da auga das traídas veciñais por importe de 750.000 euros
Os incentivos cubrirán o 80% do financiamento das actuacións que resulten elixidas, ata un máximo de 15.000 euros por proxecto
A Xunta activa a situación de prealerta por seca hidrolóxica na comarca de Ortegal e na Mariña Lucense
Este aviso temperá aplícase só ás concas do río Mera e dos ríos máis pequenos que desembocan nas rías de Ortigueira e Cedeira; e ás concas dos ríos da Mariña lucense que desembocan no mar Cantábrico
A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Manle, no concello de Rois
Os traballos desenvólvense en distintos tramos do río ao longo de preto de 3 quilómetros, nas parroquias de Ermedelo e Augasantas
A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Iso, no concello de Arzúa
Os traballos desenvólvense en distintos tramos do río ao longo de preto de 1 quilómetro, nas parroquias da Castañeda e Lema
A Xunta formaliza a entrega ao concello do Grove da depuradora de augas residuais, que supuxo un investimento autonómico de máis de 7 millóns de euros
A Administración local asume a súa responsabilidade no mantemento e explotación da planta
O Consello Reitor de Augas de Galicia aborda a convocatoria das primeiras axudas para a mellora da calidade da auga das traídas veciñais por importe de 750.000 euros
Os incentivos cubrirán o 80% do financiamento das actuacións que resulten elixidas, ata un máximo de 15.000 euros por proxecto
A Xunta remítelle asinado ao Concello de Viveiro e á Deputación de Lugo o convenio para definir as actuacións para minimizar o risco de asolagamento en Xunqueira
As tres administracións cofinanciarán a partes iguais os 69.000 euros necesarios para a redacción do proxecto para naturalizar o leito do río Fontecova ao seu paso polo núcleo de Xunqueira
A Xunta e a Fundación de Enxeñería Civil asinan un convenio de colaboración para desenvolver un sistema punteiro de alerta temperá do risco de inundacións na demarcación Galicia-Costa
O sistema ‘Merlín’ permitirá aumentar a precisión e a cobertura territorial das predicións do risco de asolagamento que realiza Augas de Galicia
A Xunta adxudica as obras de mellora da rede de saneamento confluente na depuradora de Valga
Os traballos, adxudicados por un importe de máis de 46.000 euros, teñen un prazo de execución de tres meses