Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias e interior:

24/11/20 | 11:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica identificou a case 350 persoas durante esta fin de semana na provincia de Pontevedra nos controis de medidas ante a covid-19

Os 26 dispositivos despregados enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias

22/11/20 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborará co Concello de Silleda na adquisición dun vehículo para labores ambientais da Policía Local

O Goberno galego apoia a compra deste vehículo financiado a través dun convenio de colaboración co municipio

21/11/20 | 15:25 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá 15 M€ na mellora das instalacións, equipamento e parque móbil do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e nun Centro integral para a loita contra o lume

José González avanzou esta partida que irá recollida no proxecto de orzamentos de 2021, sinalando que o campus forestal que se situará en Toén exercerá de motor económico na provincia de Ourense, a máis afectada polos incendios

18/11/20 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro destaca o "gran traballo" da Policía Autonómica na atención á cidadanía e na garantía da seguridade e o seu "infinito esforzo" no marco da crise sanitaria

A delegada territorial visita as dependencias da Xefatura Provincial de Pontevedra xunto co Comisario Xefe de Galicia, Jorge Manuel Rubal Pena

17/11/20 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pecha un acordo con Fegamp e deputacións para crear cinco novos GES e un servizo municipal de emerxencias

A Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) aprobou por unanimidade a proposta presentada pola Xunta na última reunión

17/11/20 | 10:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou 18 operativos na provincia da Coruña para controlar as medidas ante a covid-19

No marco destes controis os axentes identificaron a 25 persoas e tramitaron 12 denuncias en nove concellos da provincia coruñesa

16/11/20 | 09:47 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 31 persoas por 26 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 13 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 15 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 35 chamadas por accidentes de tráfico

12/11/20 | 18:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou 11 denuncias nun establecemento hoteleiro de Santiago de Compostela por incumprir as medidas ante a covid-19

Os axentes inspeccionaron o local tras recibir aviso de que se incumpría a normativa vixente e atoparon xantando no comedor a 10 persoas que non estaban aloxadas no establecemento, polo que se tramitaron denuncias a estes clientes e ao dono do negocio

11/11/20 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta cede equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de 87 concellos e 2 mancomunidades

O DOG publica hoxe a resolución das axudas para dotar aos municipios de menos de 50.000 habitantes de material de emerxencias

10/11/20 | 17:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra que a Deputación de Pontevedra acepte a proposta do Goberno galego para crear 3 novos GES na provincia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou que esta decisión reafirma que a postura da Administración autonómica para a cobertura das emerxencias na provincia era a correcta