Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta resalta a importancia do emprendemento de empresas como Lucus Padel para activar e consolidar novas iniciativas entre pemes e autónomos de Lugo
O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, visitou hoxe, no polígono das Gándaras, este proxecto empresarial posto en marcha a comezos de 2020 co apoio do programa Galicia Emprende
A Xunta salienta a importancia da colaboración e o traballo conxunto para o crecemento e a mellora competitiva do tecido empresarial galego
O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, participou no acto de homenaxe ao asociado que organizou a Asociación Área Empresarial do Tambre
O obradoiro de xoiería compostelán Noroeste gaña o premio produto nos Premios Nacionais de Artesanía
A titular desta compañía artesá, Jose Castro, recibe o galardón pola colección ‘Línea’, un conxunto de colares, pulseiras e pendentes en ouro, prata e mixtos
A Xunta destina 4M€ a promover nove proxectos de investigación relacionados coa pandemia a través do programa Conecta Covid
Oito dos proxectos apoiados son de I+D e o noveno correspóndese con innovación en produto, implicando a un total de 29 entidades galegas e acadando un importe mobilizado de preto de 5 millóns de euros
Galicia supera por quinto ano consecutivo os 20.000M€ en exportacións a falta de dous meses para rematar 2021
Entre xaneiro e outubro, as vendas ao exterior da Comunidade non só se incrementaron en preto dun 23% con respecto a 2020, senón que supera os niveis previos á pandemia da covid-19 cunha suba de preto do 13% fronte ao mesmo período de 2019
A Xunta apoia as accións de innovación para o deseño de novos produtos de iluminación da empresa SETGA de Pontevedra
O delegado territorial, Luis López, informa da resolución do programa Deseña Peme da Axencia Galega de Innovación (Gain) nunha visita a esta empresa pontevedresa, que pretende crear un novo farol con tecnoloxía Led para mellorar os actuais modelos urbanos
A Xunta impulsa a visibilización e a comercialización da artesanía de Galicia no Nadal compostelán
Artesanía de Galicia protagonizará de novo un dos espazos da feira creativa do Mercado da Estrela, no que participan 28 obradoiros e que se poderá visitar no segundo andar da obra social de Abanca do 17 ao 19 de decembro
A Xunta continuará colaborando coas empresas galegas na implantación da Responsabilidade Social Empresarial
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración do II Encontro Empresarial Social sobre a Responsabilidade Social Empresarial
A Xunta agradece a Cofer que cos seus premios poña en valor o potencial de Ferrolterra e empresas como Gabadi
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde en Ferrol na entrega do galardón co que se homenaxeou a Avelino Llago, fundador desta firma naronesa
A Xunta aposta polo aproveitamento dos recursos minerais propios para diminuír a dependencia co exterior de determinadas materias primas
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou hoxe en Santiago de Compostela na presentación do informe sobre materias críticas en Galicia, realizado polo Colegio Oficial de Geólogos