Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
As axencias de viaxes xa poden acceder á II edición da liña de axudas para custos de mantemento e aluguer
A directora de Turismo de Galicia presentou esta mañá en Cambre a reedición desta liña de axudas orientada a subvencionar os custos de mantemento dos establecementos físicos das pequenas e medianas empresas das axencias de viaxes
A Xunta aposta polo termalismo para reforzar a imaxe de Galicia como destino seguro, de calidade e sostible
O vicepresidente primeiro da Xunta, participou hoxe na inauguración do “II Congreso Internacional sobre Auga e Saúde” no marco de Termatalia que reunirá a medio cento de expertos en termalismo de 10 países
Destacou a capacidade do turismo termal para desestacionalizar e diversificar o turismo, o peso de Galicia neste sector ao liderar a oferta a nivel nacional e as súas posibilidades de crecemento para dar resposta ao auxe da demanda de experiencias sostibles por parte dos turistas trala covid
A Xunta realiza unha proba piloto en 8 albergues privados para elaborar un manual de boas prácticas
Estas medidas incoporaranse ao protocolo anticovid xa vixente para garantir a seguridade nas infraestruturas de acollida aos peregrinos
A Xunta presenta unha nova edición da campaña ‘Outono gastronómico’ con 73 casas rurais adheridas
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe en Celanova a XV edición deste programa que nestes 14 anos xerou ingresos no turismo rural por valor de máis de 4,4 millóns de euros
A Xunta destinará 6 M€ para apoiar aos hostaleiros na instalación de equipamentos poscovid
Esta liña de axudas financia a compra de medidores da calidade de aire, unha das medidas incluídas no protocolo da hostalería que entrará en vigor o mércores
A Xunta convoca a segunda liña de axudas ás axencias de viaxes que ascende a 350.000 euros
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ata o vindeiro 11 de outubro
A Xunta destaca a reactivación da actividade dos cámpings galegos con cifras históricas este verán
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o cámping Bayona Playa, que ademais é o segundo con maior facturación entre os establecementos adheridos á Tarxeta Bono Turístico #Quedamos en Galicia coa que Xunta busca inxectar liquidez ao sector turístico
Feijóo avanza a posta en marcha dun paquete de axudas dirixidas ao sector turístico cun investimento de 15,8 M€
Precisa que os beneficiarios destas axudas serán as axencias de viaxes, os establecementos hostaleiros e os concellos de menos de 10.000 habitantes
Gabriel Alén destaca o termalismo como recurso para diversificar e desestacionalizar a oferta turística
O delegado territorial explicou que a Xunta traballa na reactivación conxunta do turismo termal galego como unha proposta complementaria ideal que permite contar cunha oferta de calidade e especializada