Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

13/06/22 | 16:13 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 8 de xullo

O DOG publica hoxe a convocatoria desta reunión que se celebrará a véspera do Día da Galicia Exterior e que, por primeira vez en dous anos, poderá ser presencial

28/05/22 | 16:15 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda participa nos actos do Día das Letras Galegas organizados por Fagama na Casa de Galicia de Madrid

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu a labor das entidades galegas do exterior en prol do galego e recordou que “é grazas a ese esforzo e amor pola lingua propia que a nosa cultura pervive entre as novas xeracións que xa naceron lonxe de Galicia”

24/05/22 | 14:26 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración firma un acordo de colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes retornados en Galicia co fin de facilitar a integración dos bolseiros BEME

A Secretaría Xeral da Emigración destina 20.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozos e mozas retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior

15/05/22 | 13:09 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral de Emigración
11/05/22 | 13:07 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración asina coa Fundación Ronsel o acordo para continuar co programa Merlo que da apoio formativo aos emprendedores galegos retornados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, firmou hoxe no edificio administrativo de Monelos, co vicepresidente da Fundación, Luis García Deber, o convenio que permite continuar cunha iniciativa que xa o ano pasado permitiu consolidar os emprendementos de case 100 galegos emprendedores retornados

04/05/22 | 14:40 | Secretaría Xeral de Emigración

As solicitudes das bolsas BEME destinadas aos galegos do exterior para estudar mestrados en Galicia aumentaron este ano un 12%

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende 35 países de tódolos continentes