Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Emigración:

22/07/22 | 11:16 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración colabora coas entidades do exterior para ter unha modernización continua e dar a mellor imaxe de Galicia en todo momento

O secretario xeral da Emigración visitou a reforma realizada no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Bos Aires que o converten nun lugar de referencia como imaxe dunha Galicia moderna

22/07/22 | 10:03 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda trasladou aos representantes do CRE de Bos Aires o apoio social realizado pola Xunta a prol da colectividade galega en Arxentina así como o labor pioneiro no eido do retorno

O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión cos representantes do Consejo de Residentes Españoles da capital arxentina cos que tamén analizou outras cuestións de actualidade como a tramitación da nova lei electoral ou o compromiso de seguir a traballar pola modificación da lei da nacionalidade dos descendentes

Dende Emigración destacan que Arxentina segue a ser o país do mundo con maior número de galegos que optan por solicitar unha bolsa de excelencia Mocidade Exterior Beme para realizar un curso de máster en Galicia, con 302 solicitudes presentadas para el próximo curso, o que supón case o 57% do total
 

19/07/22 | 14:25 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración facilita a consolidación en Galicia de máis de 100 novos negocios anuais de emigrantes retornados a través do programa Merlo

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, destacou o éxito da anterior convocatoria de mentorización

08/07/22 | 11:33 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Rueda invita os galegos do exterior a facer o camiño de volta cos programas da Xunta para o retorno, nos que Galicia é pioneira

Reafirma o compromiso do Goberno galego coa colectividade, con axudas aos emigrantes que viven fóra e con incentivos aos que retornan. “É un dereito dos galego e un tributo á nosa terra”

07/07/22 | 20:13 | Secretaría Xeral de Emigración

Comezan a chegar as primeiras agrupacións culturais de galegos do exterior para a súa participación no VI Día da Galicia Exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta tarde no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro aos primeiros grupos participantes procedentes de Brasil e Chile

02/07/22 | 12:13 | Secretaría Xeral de Emigración

Máis dun millar de galegos do exterior compartirán a próxima fin de semana en Compostela o ‘VI Día da Galicia Exterior’

Trátase dunha festa conxunta coa que os galegos do exterior e os da propia comunidade autónoma celebrarán o Ano Santo Xacobeo