Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 169 novas da área temática Consumo:

22/09/22 | 15:42 | A Presidencia da Xunta

Galicia será pioneira en regular una certificación de sustentabilidade para a produción alimentaria

O presidente puxo en valor que, a través da futura Lei da calidade alimentaria de Galicia, a Xunta aposta por diferenciar “a calidade e a sustentabilidade” dos produtos alimentarios galegos
 

22/09/22 | 12:55 | C. do Medio Rural

A Xunta destinou máis de 61.000 euros a un proxecto piloto da queixería Prestes de Vilalba para converter o soro dos queixos en produtos con valor engadido

A achega foi concedida no marco da convocatoria do ano pasado para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías, no ámbito agroforestal
 

11/09/22 | 14:30 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade colabora coa escola de Karting IRT para fomentar este deporte entre as nenas e nenos de 4 a 12 anos

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destaca en Outeiro de Rei a filosofía de formación, seguridade e ocio que promove a Escola de Karting IRT

05/09/22 | 10:48 | C. do Medio Rural

Os viños galegos con denominación de orixe son os que máis incrementaron no 2021 o seu valor a nivel nacional na alimentación e na hostalería

O informe “O mercado español dos viños galegos”, elaborado pola multinacional Nielsen en colaboración coa Xunta, reflicte unha suba tanto no prezo de compra como no de venda, nos que a nosa comunidade está á cabeza en España

01/09/22 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta mellora a eficiencia enerxética dos edificios administrativos cun investimento superior aos 135M€

Subliñou que o Goberno galego leva anos facendo “un esforzo importante” e poñendo en marcha diferentes actuacións neste eido

08/08/22 | 14:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta demanda a retirada do Real Decreto de aforro e eficiencia enerxética para consensuar medidas que teñan un impacto real para as familias e o tecido produtivo

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, trasladou esta mañá na Conferencia Sectorial de Enerxía a “máxima colaboración e implicación” de Galicia no desenvolvemento de actuacións que permitan baixar a factura da luz e contar así cun prezo eléctrico competitivo e estable

29/07/22 | 13:31 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na análise dos custos e prezos dos principais sectores produtivos no marco do Observatorio da Cadea Alimentaria de Galicia

José González destacou que este instrumento busca mellorar o funcionamento da cadea alimentaria, procurar un maior equilibrio entre os diferentes operadores e fortalecer o sector produtor, con vistas a conseguir uns prezos xustos
 

16/07/22 | 13:40 | C. de Economía e Industria

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia atendeu 125 consultas diarias durante o primeiro semestre do ano

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na actividade Consumo Responde, na que se conectou cos nenos e nenas que asisten a un dos campamentos de verán de LecerConsumo