Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 307 novas da área temática Goberno galego:

14/07/22 | 15:07 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a concesión das Medallas de Galicia a Julián Barrio, Paolo Caucci von Saucken, Begoña Valdomar, José Carro Otero e a Asociación Discamino

Con motivo do dobre Ano Santo extraordinario, a máxima distinción de honra do Goberno galego distingue este ano a persoas e entidades vinculadas á promoción e preservación do Camiño de Santiago

01/07/22 | 13:39 | A Presidencia da Xunta

Rueda presenta ao Rei as prioridades dun Goberno estable e constitucionalista centrado en axudar a familias e empresas, aproveitar os fondos europeos e atender os servizos públicos

Agradece a Súa Maxestade que a reunión fose tan proveitosa e o seu coñecemento e interese por todo canto implica a Galicia

17/06/22 | 19:25 | A Presidencia da Xunta

Rueda cualifica o derrubamento do tramo da A-6 como un problema de índole nacional e reclama á ministra de Transportes que sexa abordado coa máxima prioridade

Incide en que os galegos merecen saber canto antes os motivos do colapso, os prazos que contempla o Goberno central para a reconstrución e as alternativas que se lle darán ás empresas, que é o máis urxente

16/06/22 | 14:35 | A Presidencia da Xunta

A Xunta concede as Medallas Castelao a Camilo Nogueira, Javier Olleros, a Coral Polifónica El Eco, o equipo feminino Pescados Rubén Burela FS e Javier Sánchez de Dios

Rueda explica que con estas distincións se recoñece o seu traballo, os seus logros e que leven o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras