Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

28/08/20 | 14:51 | Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia permite o deporte con contacto para os seus mellores deportistas, os que teñen máis necesidades e os equipos que poidan sufrir prexuízo pola situación noutras comunidades

Os protocolos dos eventos deportivos deberán axustarse, con carácter mínimo, aos requirimentos que sexan de aplicación á concreta modalidade deportiva segundo o establecido no protocolo FISICOVID-DXTGALEGO

26/08/20 | 12:08 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa e as Federacións Galegas reactivan os grupos de traballo na procura dun modelo común para retomar a actividade deportiva autonómica axustada ao escenario actual

Cítanse dentro de quince días para, na medida do posible, comezar a implementar novas medidas que permitan avanzar cara a recuperación da normalidade na práctica deportiva galega

20/08/20 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa sobre a prevención e a loita contra violencia de xénero no Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2020

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, e o presidente do Club Praia Pantín, Miguel Galeiras, asinaron o convenio para levar a cabo estas actuacións

19/08/20 | 14:44

A Xunta destaca a calidade e lonxevidade do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2020

O secretario xeral de Cultura e Turismo e a directora xeral de Avaliación Reforma Administrativa e secretaria Xeral da Igualdade por delegación participaron na presentación deste evento que finalizará o domingo

10/08/20 | 16:56 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa presenta a 57º edición Rías Baixas Regata Mar de Maeloc 2020 como un evento que afianza a Galicia no liderado da vela

Felicita ás compañías que se envorcan “ano tras ano cos mellores eventos deportivos de Galicia” e que envían a mensaxe clara de que “o retorno do patrocinio deportivo é inmenso”

03/08/20 | 15:56 | Secretaría Xeral para o Deporte

O secretario xeral para o Deporte esixe de novo ao CSD o cumprimento das “competencias en relación a competicións oficiais de ámbito estatal profesionais e non profesionais”

Tras a reunión mantida o pasado venres cos clubs de fútbol que militan en categoría nacional e na que estes expuxeron as súas dúbidas respecto á situación actual

31/07/20 | 19:00 | Secretaría Xeral para o Deporte
28/07/20 | 17:02 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca a importancia para Ourense e para toda Galicia da reforma dos Remedios e da zona deportiva de Monterrei que estarán rematadas en setembro e outubro, respectivamente

O proxecto da zona acuática de Monterrei estará adxudicado no último trimestre de 2020 polo que poderanse cumprir os prazos para cada unha das tres fases diferenciadas

27/07/20 | 20:42 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa pide "prudencia" ás 58 federacións deportivas de Galicia e reactiva os grupos de traballo para abordar a situación actual

Envía unha carta á presidenta do CSD para que se aborde a problemática que presenta a competición estatal non profesional “sen máis dilación e coa atención que merece este sector do deporte español”

23/07/20 | 19:02

Román Rodríguez salienta que a "fichaxe" de José Manuel Calderón contribuirá a impulsar o Camiño de Santiago

O deportista peregrinará en agosto polo Camiño de Inverno nunha iniciativa impulsada por Monbus Obradoiro coa colaboración da Xunta de Galicia