Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Consumo:

03/11/20 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe con 500.000 euros á reactivación da actividade de 38 compañías e de catro salas escénicas

Publícase na web da Agadic a adxudicación desta nova liña de subvencións para o impulso do sector escénico, dirixida ao fomento de residencias artísticas que relancen montaxes xa producidas

26/10/20 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a iniciativa 'Estrelas Solidarias no Camiño' que reuniu a 16 cociñeiros Michelin e que hoxe dona 6.000 euros a Cáritas Santiago

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, asistiu á entrega da recadación do encontro gastronómico a Cáritas Santiago

23/10/20 | 19:24 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avoga por ampliar a Estratexia de desenvolvemento transfronteirizo coa inclusión do tren de alta velocidade Vigo-Porto e a posta en valor do Camiño Portugués

Apela a un maior compromiso co Corredor Atlántico de mercadorías, fundamental para todo o norte de Portugal e para todo o noroeste de España

23/10/20 | 15:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
21/10/20 | 19:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 impulsa dúas novas iniciativas para promover a lingua galega e gastronomía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe ‘Un mantel de contos’, que combina e pon en valor tradición oral e gastronomía da man dos lalinenses Celso Sanmartín e Diego López ‘Moli’

20/10/20 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta prevé rematar a finais de ano as obras do primeiro albergue público de peregrinos de Vigo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a evolución dos traballos, aos que o Goberno galego destinará 1,8 M€

15/10/20 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Monbus disputa este sábado un partido dedicado á Ruta Xacobea no marco da iniciativa apoiada pola Xunta 'O Camiño acaba en Obradoiro'

O partido da Liga Endesa ACB Monbus Obradoiro e Acunsa Guipúzoca Basket estará dedicado ao Camiño de Santiago e a próxima celebración do Xacobeo 2021

08/10/20 | 12:27 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social apoia a limpeza da ruta inglesa a Santiago de Compostela ao seu paso por Ferrol a través do programa Iniciativa Xove

O programa de actividades inclúe unha campaña de promoción en redes sociais e a realización dun mural cunha mensaxe a prol da natureza no castro de Lobadiz

07/10/20 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Goberno portugués desenvolverán un protocolo para a programación do Xacobeo e a certificación dos camiños

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto á comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, reuníronse hoxe cos membros da Comisión de Certificación do Camiño de Santiago do Executivo de Lisboa

02/10/20 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de integración paisaxística do Camiño de Santiago en Conxo intensifican os traballos fronte ao mosteiro de Santa María para crear a pequena 'Praza do Obradoiro'

As tarefas no Campo de Conxo céntranse na colocación da pedra na parte máis próxima ao mosteiro para avanzar, a continuación, na urbanización da praza