Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

07/05/22 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta segue avanzando no centro integral de saúde de Lalín coa impermeabilización das cubertas e a formación de pendentes practicamente rematadas

As obras, nas que actualmente traballan 16 operarios, xa acadaron a formación de pendentes en tres das cubertas e está iniciada a da cuberta superior

07/05/22 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución do Hospital Público Gran Montecelo, en Pontevedra, continúa progresando co inicio da segunda fase das escavacións

Esta nova etapa comeza a semana na que as obras cumpren un ano e tras o desvío do gasoduto e a recente entrada en servizo das súas redes dun quilómetro de lonxitude

06/05/22 | 17:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/05/22 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/05/22 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mantén a prealerta por seca en toda a conca da demarcación Galicia-Costa ante os baixos caudais dos ríos

 A oficina técnica da seca amosa preocupación pola situación xeral de cara ao verán e especialmente polos rexistros de caudais circulantes, que en abril estiveron un 48% por debaixo dos valores habituais nese mes

06/05/22 | 14:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 2,5 M€ as obras de mellora do firme na estrada LU-113 ao seu paso polo concello de Abadín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, anunciou que se acondicionarán os últimos 7,8 km, comezando á altura do enlace coa estrada LU-121 e rematando na conexión coa autovía do Cantábrico

06/05/22 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Autoridade Portuaria da Coruña poñen en marcha a recuperación da fachada marítima investindo 3,1 M€ na estrutura flotante do Parrote, que estará rematada en 2023

O Goberno galego traballa xa na tramitación do convenio coa Autoridade Portuaria para materializar a colaboración nesta actuación

06/05/22 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a actualización das tarifas aplicables aos servizos de taxi no ámbito interurbano, en vigor desde o 23 de maio

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade atende a solicitude a revisión de prezos de transporte público de viaxeiros en automóbiles de turismo, de acordo co Consello Galego de Transportes, que estaban vixentes e sen variación desde o ano 2014

05/05/22 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez informa ao alcalde de Moraña da licitación este verán da renovación de beirarrúas na PO-226, cun investimento da Xunta de 310.000 euros

Melloraranse as beirarrúas nun treito de 300 metros, desde a intersección coa PO-221 e o quilómetro 5+600 da estrada PO-226, adecuándoas á normativa de accesibilidade