Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta anima a protexer e divulgar en Galicia e fóra dela o legado de Laxeiro no Día das Artes Galegas
A mostra organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) co apoio do Goberno autonómico inaugúrase na Coruña e visitará Ourense, Lugo e Lalín
A Xunta inaugura nas Torres Hejduk a intervención paisaxística ‘2 torres, 2 camiños’ arredor da espiritualidade e o simbolismo da Ruta Xacobea
O proxecto artístico entretece metaforicamente os diferentes camiños coas vidas das persoas que desde fai milenios andan os mesmos pasos cara a Santiago de Compostela, coas estrelas da Vía Láctea como guía
A Xunta licita a redacción do proxecto para as obras de conservación do Museo Massó en Bueu
Cun investimento de máis de 115.000€, iniciase o proceso administrativo do proxecto básico e de execución, así como de dirección de obra
A exposición da Xunta en homenaxe a Antonio Palacios despídese o domingo con preto de 10.000 visitantes
A mostra aberta no Museo do Mar de Galicia en novembro remata a fin de semana, despois de ser prorrogada dous meses polo elevado interese do público
‘Arnoia, Arnoia’ de Méndez Ferrín toma forma de videoxogo nas residencias artísticas do Gaiás
A Residencia COMTECART, iniciativa conxunta da Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia, remata esta fin de semana na Cidade da Cultura
Feijóo destaca o incremento do 40% dos fondos destinados a apoiar a investigación no Plan de financiamento universitario 2022-2026, ata os 400 millóns de euros
Recorda que Galicia é unha das comunidades cun programa completo de formación investigadora, composto por un programa de formación de investigadores na etapa predoutoral e posdoutoral -con 380 contratos-; e por outro de atracción e retención do talento científico
A programación das Letras Galegas 2022 reúne máis de 150 iniciativas arredor de Florencio Delgado Gurriarán
A Xunta, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG colaboran con múltiples empresas, entidades, administracións locais e editoriais para deseñar un amplo programa de propostas
A Xunta reclama ao Goberno central a aprobación do novo currículo de bacharelato para que o alumnado e os centros poidan preparar o curso
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade incidirá neste asunto mañá na Conferencia Sectorial de Educación
A Xunta apoia o espectáculo “Inventio” pola súa aposta vangardista co camiño como eixe vertebrador da identidade cultural galega
Na súa presentación, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, valorou unha posta en escena dirixida a todas as idades que suma maxia, danza e circo para espallar a mensaxe dos valores do Camiño
A produtora Control Z ultima os preparativos para a rodaxe en Galicia de ‘Honeymoon’ co apoio da Xunta
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse co realizador galego Enrique Otero para coñecer os detalles da produción desta longametraxe, adxudicataria dunha subvención autonómica de máis de 230.000 euros