Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Máis de 77.100 galegos xa descargaron o Bono Activa Comercio da Xunta, que conta con máis de 550 establecementos adheridos na comarca da Coruña
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou nunha reunión cos representantes de Acocem
A Xunta salienta o papel do emprendemento e a iniciativa empresarial das mulleres no desenvolvemento do tecido produtivo galego
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta mañá nun encontro dixital de traballo coa Asociación de Mulleres Empresarias de Galicia co obxectivo de dar a coñecer os apoios activados polo Goberno galego
A Xunta avoga por posicionar o CIS Galicia como Centro de Innovación de referencia para todo o tecido industrial de Ferrolterra
Conde destaca que o CIS Galicia debe ser un punto de encontro dos sectores productivos, aproveitando a presenza nel de entidades como Asime, os clústers do naval e das enerxías renovables, Aclunaga, e Cluergal, respectivamente, e as citadas Navantia e Siemens
Aberto o prazo de solicitude do programa InnovaPeme co que a Xunta apoiará a mobilización de 5,6M€ para potenciar as capacidades e actividades innovadoras de pemes e microempresas galegas
As axudas, que se poden solicitar ata o 7 de xuño, contribúen a mellorar a organización da función innovadora, a identificación de tecnoloxías clave do negocio, a comercialización de produtos e servizos e a captación de financiamento para o incremento da innovación ou para a protección industrial dos seus resultados
Feijóo presenta os oito eixos de actuación do Pacto de Estado por Ferrol proposto pola Xunta para resolver os problemas demográficos, económicos e laborais da comarca
Salienta que este documento servirá para ampliar, negociar, reflexionar e unir as distintas prioridades da Administración xeral do Estado, da Deputación da Coruña e dos concellos de Ferrolterra porque “neste momento debemos estar todos xuntos”
A Xunta adiantará a autónomos e empresas o 100% das axudas do terceiro Plan de rescate por medio dunha declaración responsable
O Goberno galego quere priorizar a autónomos e microempresas, que supoñen o 97% do tecido produtivo galego, así como incluír a todos os sectores produtivos afectados pola crise
Conde subliña que empresas como Marine Instruments serán imprescindibles no contexto de transición ecolóxica e dixital
Salienta que, a través da dixitalización, esta compañía con sede en Porto do Molle contribúe á sustentabilidade da actividade pesqueira
Os Premios Nacionais de Mobilidade recoñecen a contribución da Business Factory Auto á competitividade da industria da automoción en Galicia
Conde fai extensivo o premio a todas as entidades que colaboran coa Xunta nesta iniciativa: o Grupo Stellantis, Ceaga e o Consorcio Zona Franca de Vigo
Conde subliña que Mestrelab está a contribuír a que Galicia sexa pioneira na dixitalización dos laboratorios de investigación
Pon de exemplo o software que ten deseñado e que xa empregan 150.000 científicos en todo o mundo e máis de 1500 institucións académicas, laboratorios e empresas como as que desenvolven as vacinas contra a covid-19
A Xunta propón aos empresarios de Ferrol avanzar no desenvolvemento dunha rede de infraestruturas que mellore a súa competitividade
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá un encontro co tecido empresarial da comarca para perfilar un Pacto de Estado por Ferrol