Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Urbanismo:

20/09/22 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o ciclo Elas, o que move o camiño, un foro de debate sobre emprendemento e igualdade nas rutas xacobeas

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo promove esta iniciativa, financiada polo Goberno galego no marco do programa O teu Xacobeo
 

16/09/22 | 17:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García inaugura as xornadas ‘Mar por medio’, que congregan a máis dun cento de especialistas para reflexionar sobre o Camiño

Conferencias, mesas redondas, poesía, música e unha exposición de temática xacobea integran o programa de actos impulsado pola Academia Xacobea co apoio da Xunta que se desenvolverán ata o domingo en Ribadeo

15/09/22 | 15:09 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta a importancia do Xacobeo como impulsor do recoñecemento de Galicia no estranxeiro

A directora de Turismo de Galicia participou nunha mesa redonda no marco do Congreso Atlantic Meet sobre a "Internacionalización a través do Camiño de Santiago. Imaxe a través do turismo internacional"

13/09/22 | 13:40 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta difundirá os valores do Camiño e do Museo de Pontevedra entre escolares de vilas da ruta portuguesa a través de 'O Teu Xacobeo'

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, presentou a iniciativa O Museo en Camiño, volta á ruta xunto ao director da pinacoteca, José Manuel Rey, representantes da asociación Taller Abierto e a actriz Raquel Queizás
 

13/09/22 | 12:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias anuncia o concerto do galego Fredi Leis en Vigo dentro da programación do Xacobeo 21-22

A delegada territorial da Xunta en Vigo avanza que o cantante actuará o vindeiro 25 de novembro (21:00 horas) no Teatro Afundación
 

13/09/22 | 12:52 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta o festival 'Caudal Fest' como exemplo dunha programación diversificada neste Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron na presentación deste festival que terá en Lugo esta fin de semana
 

13/09/22 | 08:37 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa no acto inaugural da “Semana cultural pesqueira no Camiño”, proxecto beneficiado polo programa O teu Xacobeo

A directora de Turismo, Nava Castro, puxo en valor esta iniciativa onde se realizan todo tipo de actividades de promoción dos valores do Camiño en relación co sector marítimo pesqueiro

09/09/22 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a importancia do sector téxtil en Galicia que actúa como un dos principais motores da economía e como embaixador da Comunidade

Resalta que o sector téxtil galego é un referente no deseño, na fabricación en na calidade dos produtos, contando con marcas líderes en todo o mundo

09/09/22 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Javier Arias recibe aos peregrinos que integran a ruta dos dereitos humanos na súa parada en Lugo

O delegado territorial falou coas 25 persoas de varios países que realizan esta marcha, que pretende divulgar os 30 artigos da Declaración Universal coa colocación de placas noutros tantos lugares de Asturias e Galicia

08/09/22 | 18:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta solicita ao Goberno central que se comece a traballar no Xacobeo 2027 con anticipación e se active o programa de desgravacións fiscais desde o ano 2024

Román Rodríguez lamenta que non se ampliaran as desgravacións neste Xacobeo e salienta o papel desta medida para estimular as achegas privadas e captar recursos