Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 68.419 casos activos por coronavirus
Un total de 334.180 pacientes xa están curados
O Sergas creará un equipo Código Anafilaxia en cada área sanitaria
Código Anafilaxia é un programa asistencial baseado no recoñecemento precoz dos signos e síntomas dunha reacción anafiláctica, coa conseguinte priorización de coidados e traslado inmediato a un hospital
O Sergas publica os resultados definitivos das listas de selección temporal de enfermeiro, enfermeiro do 061 e técnico en coidados auxiliares de enfermería
Con esta publicación dáse prioridade á actualización das listas das categorías sanitarias de primeira liña na loita contra a pandemia
A Xunta finaliza a reforma integral do centro de saúde de Pontecesures cun investimento de máis de 30.000€
O delegado territorial, Luis López, e a xerente da área sanitaria de Santiago e O Barbanza, Eloína Núñez, supervisaron esta remodelación nunha visita ao punto médico xunto ao alcalde, Juan Manuel Vidal
Galicia rexistra un total de 66.364 casos activos por coronavirus
Un total de 329.880 pacientes xa están curados
Feijóo anuncia a convocatoria dunha OPE con 106 prazas de médico especialista de área en atención primaria
Agradece novamente o compromiso de todo o persoal do Sergas, cuxo traballo fixo posible que Galicia lidere o proceso de vacinación e sexa unha das comunidades con menor número de pacientes covid ingresados en hospitalización ou en unidades de críticos
A Xunta adxudica por preto de 48,3 M€ as obras de ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé asinar o contrato a finais de febreiro co obxectivo de iniciar a continuación as obras, cun prazo de 40 meses
Máis de 150 médicos inscribíronse nas listas de contratación de técnicos de saúde para reforzar a Atención Primaria
Galicia continúa coa menor presión hospitalaria de España, tanto en unidades convencionais como en UCI, e á cabeza do Estado en materia de vacinacións
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue reafirma o seu compromiso coa calidade ao renovar a certificación da norma ISO 9001:2015
ADOS aposta polos máis altos estándares de calidade no ámbito da sanidade, coa renovación dunha acreditación coa que conta desde 1998, a primeira concedida en España a un centro de transfusión
Galicia rexistra un total de 67.350 casos activos por coronavirus
Un total de 315.869 pacientes xa están curados