Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

29/03/21 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 260.000 euros á liña de axudas para a renovación da Q de calidade turística para concellos e establecementos turísticos

O DOG publica hoxe a convocatoria de 2021 para a que poderán concorrer os concellos, establecementos e servizos turísticos para renovar ou certificarse por vez primeira coa marca Q de Calidade Turística do ICTE

26/03/21 | 14:56

O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece durante toda a Semana Santa actividades e rutas guiadas abertas aos visitantes

Ata o 4 de abril, poderase viaxar en transporte regular aos arquipélagos de Cíes e Ons, que xa teñen confirmadas máis de 1.100 reservas para este período

26/03/21 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destaca a importancia do remate de "La Vuelta 21" en Galicia para promocionar o turismo galego a nivel internacional neste Xacobeo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participaron hoxe na presentación das 3 últimas etapas da proba ciclista pola comunidade ata rematar na praza do Obradoiro

26/03/21 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López apela aos valores do Camiño de Santiago “para facer que Galicia sexa cada día máis grande” na inauguración do monumento da Vieira de Tui

O delegado territorial da Xunta asiste ao descubrimento desta escultura no punto de partida do Camiño Portugués e agradece á asociación de comerciantes e ao pobo de Tui a súa contribución á ruta de peregrinaxe

25/03/21 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo proxecto Ourense Termal na nova convocatoria dos Plans de Sostenibilidade Turística da Secretaría de Estado de Turismo

O delegado territorial sinalou que “Ourense conta cun importante número de concellos ricos en recursos termais, pero que precisan dun plan e de axudas para poder explotalos economicamente e como fonte de riqueza no turismo de saúde e benestar”

23/03/21 | 16:37 | A Presidencia da Xunta

Feijóo aborda cos alcaldes da Baixa Limia os proxectos clave para a comarca e a súa competitividade

Subliña que a Xunta está a redactar o proxecto para o acondicionamento da estrada autonómica OU-540, entre Celanova e a fronteira con Portugal, cun investimento de 11,5 millóns de euros

23/03/21 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo para que as empresas turísticas se adhiran á nova convocatoria do Bono Turístico #QuedamosenGalicia2

Alfonso Rueda destaca que a iniciativa permitirá inxectar no sector preto de 6,8 millóns de euros

22/03/21 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Museo do Viño de Monforte acolle unha mostra itinerante do traxe de gala das mulleres lucenses no marco do programa ‘O teu Xacobeo’

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na apertura da exposición que viaxará por outras seis localidades da provincia

21/03/21 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/03/21 | 14:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta, en colaboración co sector turístico, avala Galicia como destino seguro para peregrinos e visitantes

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, inaugurou na Cidade da Cultura o encontro telemático internacional “Preparados para o Xacobeo 2021-2022. Camiño a Galicia, Camiño seguro”