Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoiará as candidaturas galegas a sedes do Mundial 2030
O Consello da Xunta aprobou hoxe o acordo polo que o Goberno galego manifesta o interese da comunidade en poder albergar partidos da Copa do Mundo de 2030 para o caso de que España e Portugal fosen designadas sedes da dita competición e declara o seu compromiso e apoio ás candidaturas galegas
O programa de conciliación da Xunta a través do deporte supera as expectativas e chega xa a 12.369 menores con 1.759 actividades
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe o club de Piragüismo Cidade de Lugo para coñecer o desenvolvemento da iniciativa na metade do seu calendario de execución
O campionato de España de surf adaptado volve a poñer a Galicia á vangarda do benestar das persoas con discapacidade
Os 40 participantes de toda España aloxaranse na Residencia de Tempo Libre de Panxón da Consellería de Política Social e competirán no II Campionato Galego, Campionato de España e Copa Nigrán ao longo da fin de semana
Trenor sinala a carreira ENKI-22 como única en España e a máis divertida e solidaria
Trenor lembrou que a organización ten o compromiso de destinar o 100% do diñeiro recadado desta e das súas outras carreiras a entidades sociais e proxectos que promoven dunha forma efectiva a incorporación ao deporte das persoas con diversidade funcional
Lete Lasa reivindica o salvamento e socorrismo como un deporte náutico máis no que Galicia tamén é potencia na recepción aos subcampións de España
O secretario xeral para o Deporte destaca as 38 medallas -24 na categoría absoluta e 14 na cadete- acadadas polos deportistas galegos no Campionato de España celebrado na Coruña e en Carballo e desexou a mellor das sortes a Antía García, Eva Feijoo, Gabriel Rodríguez e Alejandro Chacón que parten nos vindeiros días cara Italia para disputar a Copa do Mundo
Máis de 400 estudantes lucenses escoitaron o relato de Iñaki Zubizarreta contra o bullying, "Renderse non é unha opción"
O ex xogador de baloncesto, que sufriu acoso escolar e traballa activamente contra este problema, ofrecerá outra charla pola tarde para familias, titores, docentes ou adestradores
A remodelación integral do estadio do Couto continua con paso firme coa conformidade dos clubs
Os presidentes de ambos os dous clubs manifestaron o seu parecer que foi recollido pola Administración autonómica para concluír as actuacións no Couto de xeito óptimo para todos os interesados
A Xunta de Galicia aposta polo Rallye Rías Baixas e apoia o seu obxectivo inmediato de regresar ao Supercampionato de España
A delegada territorial da Xunta e o secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, presentaron este venres a nova edición da proba automobilística, con saída desde Vigo o vindeiro 29 de setembro e dous reagrupamentos no Porriño
Fernández-Tapias remarca a importancia estratéxica das competicións náuticas como polo de atracción turística
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na presentación do Campionato de España de J80-Trofeo Gestilar que se disputa este fin de semana en Baiona