Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

06/10/22 | 12:36 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor a calidade do sector turístico galego durante o XXII Congreso Internacional de AECIT

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración do Congreso e posteriormente impartiu unha conferencia sobre o turismo en Galicia

04/10/22 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Turístico da Xunta pode gastarse ata finais de ano nos 156 negocios adscritos na provincia de Lugo

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que as tarxetas reactiváronse tralo verán “para axudar a impulsar o sector fóra da tempada alta”
 

03/10/22 | 13:23 | Axencia de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostelería de Galicia comeza o curso con varias formacións en sustentabilidade para empresas

O Centro está consolidado xa como referente internacional para o sector tanto en calidade como en especialización

01/10/22 | 13:00 | A Presidencia da Xunta

A Xunta participa na presentación do Touring Xacobeo & Volta Motociclista a Galicia 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da 40ª edición da Volta que percorrerá Galicia de sur a norte
 

30/09/22 | 14:46 | A Presidencia da Xunta

Galicia, premio ao mellor stand Fitur 2022

O stand proxectaba unha imaxe de Galicia chea de ilusión, nun Xacobeo que bate récords

29/09/22 | 16:30 | Axencia de Turismo de Galicia

O Bono turístico “Quedamos en Galicia 2022” ten adheridos 114 establecementos na comarca de Santiago

O delegado da Xunta visitou, esta mañá, a Carballeira do Tambre, un dos locais dispoñibles na selección deste bono que se reactivou o 15 de setembro ata o 31 de decembro

29/09/22 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa unha nova edición do programa A Mariña en Ruta a través do convenio co Xeodestino

O Goberno galego achega 56.000 euros para propostas que axuden a diversificar e desestacionalizar a oferta, e 1 millón de euros ao Plan de sustentabilidade turística

28/09/22 | 18:58

A Xunta promociona en Francia as bondades do turismo náutico en Galicia pois é o principal país de orixe dos tránsitos que chegan á comunidade

A presidenta de Portos de Galicia asiste ao Salón Grand Pavois de La Rochelle, a feira de referencia no mercado atlántico, onde a comunidade conta cun posto de promoción do sector e o sistema portuario autonómico

28/09/22 | 16:22 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que Galicia aspira a aproveitar o seu papel como potencia termal europea para liderar a aposta polo turismo sostible

Salienta a acción da Xunta na promoción do termalismo tanto no eido legal e de investigación, como no apoio ao tecido produtivo e nos estímulos á demanda

28/09/22 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Máis de 30 aloxamentos da zona sur de Lugo teñen o Bono turístico da Xunta, que poderá gastarse ata finais de ano

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que as tarxetas reactiváronse o 15 de setembro, co fin de mellorar as cifras de ocupación fóra da tempada alta