Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 195 novas da área temática Xustiza:

03/12/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acorda co Goberno central adiantar parte dos fondos europeos para a modernización da administración da xustiza

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou hoxe na conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas

30/11/21 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e TSXG visitan as obras da Cidade da Xustiza que xa entran na recta final

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda destacou que con esta obra está a piques de culminar o Plan de Infraestruturas Xudiciais, posto en marcha polo Goberno galego, dotado con máis de 118M€

24/11/21 | 19:48

A Xunta destaca en Pontevedra o reforzo do apoio xudicial e asistencial ás vítimas da violencia de xénero para garantir os seus dereitos e protección

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participaron hoxe en Pontevedra na presentación do coloquio ‘Que é a violencia de xénero desde a perspectiva asistencial, policial e xudicial’

22/11/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta consolida a mediación como alternativa á resolución de conflitos xudiciais coa renovación da colaboración cos colexios de procuradores

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co presidente do Consello Galego dos Procuradores dos Tribunais, Fernando González-Concheiro, o convenio de colaboración, dotado de 25.000€, para levar a cabo este servizo nas xurisdicións do Civil e Mercantil

18/11/21 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O novo xulgado do mercantil da Coruña comezará a funcionar o 1 de marzo tralo atraso do Goberno central nos trámites previos

O Goberno galego lamenta que non poda botar a andar antes unha unidade xudicial prioritaria para aliviar a carga de traballo acumulada nos xulgados galegos por mor da Covid-19

16/11/21 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aumentará nun 15% os pagos aos colexios de avogados e procuradores pola asistencia xurídica gratuíta

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, reuniuse hoxe co decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, ao que lle trasladou que este incremento se aplicará nos próximos 3 anos e cun aumento en base ao IPC galego na última

11/11/21 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita 4 novos despachos para maxistrados da Audiencia Provincial de Pontevedra

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo no edificio xudicial, onde este ano o Goberno galego tamén realizou melloras de eficiencia enerxética e de climatización

08/11/21 | 15:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta detalla ao TSXG a partida orzamentaria destinada á xustiza para o 2022 que acada os 169 M euros

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Mixta de Xustiza

05/11/21 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O director xeral de Xustiza intervén nas XXIII Xornadas dos servizos de orientación xurídica penal que celebra en Lugo o Consello Xeral da Avogacía Española

Juan José Martín participou co relatorio “Traspaso e asunción de competencias sanitarias en materia penal”

03/11/21 | 17:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa e axiliza os pagos aos colexios profesionais pola asistencia xurídica gratuíta

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, informou no Parlamento de Galicia da suba dun 15% nas compensacións económicas a avogados e procuradores, que estarán vixentes desde o cuarto trimestre deste ano