Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

18/02/22 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto construtivo de reposición do acceso ao camiño municipal afectado pola nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52

Restituirase o acceso deste camiño local ao novo trazado da estrada provincial OU-0516, executando un novo treito que conecte coa vía de servizo desa nova conexión

18/02/22 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 328.000€ na ampliación e posta en valor da ponte sobre o río Grande en Baio para favorecer a seguridade e a mobilidade dos veciños de Zas e de Vimianzo

A ampliación permitiu pasar dunha plataforma de 8 metros a case 12, contando con 2 carrís, beiravías, peitorís que apoian no taboleiro e beirarrúas

18/02/22 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na estrada autonómica OU-636 en Larouco

A intervención, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, ten un prazo estimado de 4 meses

18/02/22 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a declaración do Novo Hospital Público da Coruña como proxecto de interese autonómico

O Goberno galego destinará á construción do novo CHUAC un investimento autonómico superior aos 430 M€

17/02/22 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborou na mellora da rúa Cotarelo no Concello de Trabada cunha axuda de case 70.000 euros

Javier Arias destaca o esforzo do Goberno galego para transformar os equipamentos urbanísticos, a través do Plan Hurbe

17/02/22 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis de 120.000 euros na mellora dos accesos ao parque empresarial da Tella en Ponteceso

O representante do Goberno autonómico informou que está aberta a nova convocatoria destas axudas para este ano cun importe de máis de 8 millóns de euros

16/02/22 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas de empresas para executar as sendas de Soesto e de Serantes, no concello de Laxe, cun investimento de máis de 310.000 €

Construiranse algo máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo da antiga traza da estrada AC-433

16/02/22 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 16 ofertas de empresas para executar a nova senda na estrada AC-214, no treito entre a Xira e Cambre, cun investimento de máis de 585.000€

Construirase un itinerario mixto, peonil e ciclista, de máis de 1,3 km, atravesando a ponte sobre o río Mero e conectando núcleos e zonas de equipamento e servizos

15/02/22 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra o paso adiante da aprobación do proxecto de conexión ferroviaria de Punta Langosteira e aposta por que se liciten as obras canto antes

Ethel Vázquez salienta que este fito será posible grazas ao tesón e á continua reivindicación desta infraestrutura por parte da Xunta e do seu presidente

15/02/22 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos máis de 1M€ en melloras ambientais e en infraestruturas no Concello de Arbo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, comprobou as actuacións levadas a cabo no lugar do Couto coa pavimentación dun camiño e a mellora da seguridade viaria