Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/02/22 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima aos alcaldes da comarca de Santiago a solicitar as axudas de máis de 8 millóns de euros para a mellora dos parques empresariais

O representante do Goberno autonómico destacou que o Concello de Melide contou cunha axuda de máis de 70.000 euros para levar a cabo a reposición dos viais do parque empresarial da Madanela

10/02/22 | 14:39

A Xunta apoia o novo proxecto de melloras tecnolóxicas, sanitarias, produtivas e ambientais de Cabomar Congelados cunha achega de 755.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado da alcaldesa de Marín, María Ramallo, e do presidente do Porto de Marín, José Benito Suárez, realizou unha visita á empresa para supervisar esta nova acción de modernización

10/02/22 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Mancomunidade de Montes de Vigo colaboran na repoboación forestal a través dun obradoiro de emprego

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou o obradoiro forestal organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo e financiado polo Executivo autonómico con máis de 208.000 euros

10/02/22 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Camiña mantén a aposta pola modernización de aloxamentos e restaurantes na liña das axudas que no 2021 beneficiaron a 18 establecementos ourensáns

A directora de Turismo de Galicia visitou hoxe un dos establecementos que se beneficiaron da convocatoria do ano pasado dunha liña de axudas que ten como obxectivo reforzar a imaxe de Galicia como destino seguro e de calidade cunha oferta competitiva

10/02/22 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a eficacia da Eurocidade Tui-Valença para optimizar recursos e servizos en favor da veciñanza aos dous lados da fronteira

Con motivo do 10º aniversario da Eurocidade Tui-Valença, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor os logros acadados neste decenio e animou a seguir traballando polos intereses comúns da cidadanía á beira do Miño

10/02/22 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A nova versión do Corpus de Referencia do Galego Actual permitirá realizar estudos con perspectiva de xénero

Trátase dun recurso informático nado co obxectivo de fornecer datos para o estudo da lingua galega actual desde múltiples perspectivas

10/02/22 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de reforma da área de urxencias do hospital de Cee que contarán cun investimento de preto de 400.000€

A UTE “Alba Riguera-Carlos Romero” será a encargada da redacción do proxecto básico de execución e dirección desta obra que conta cun orzamento de máis de 26.000 euros

10/02/22 | 13:17 | C. de Sanidade

A Xunta inicia hoxe a obra de reforma do centro de saúde de Ribadavia

Esta actuación xorde do compromiso adquirido polo Presidente da Xunta co alcalde de Ribadavia en setembro de 2020, recollido xa nos Orzamentos de 2021, e está enfocado a dotar ao inmoble de maior confort e eficiencia enerxética