Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

11/12/21 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove a reflexión sobre a divulgación cultural e científica en internet con ‘#Culturalike3’ no marco da exposición ‘Galicia Futura’

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou “o potencial de Internet e as redes sociais como aliadas e cómplices na creación, difusión e educación en cultura”

11/12/21 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a suma de esforzos para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial

A quinta edición desta cita afonda nos retos e oportunidades da zona e na estratexia na que traballa o Goberno galego para acadar o máximo recoñecemento da Unesco

10/12/21 | 17:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a reforma e acondicionamento da casa natal de Losada Diéguez en Boborás para reforzar o seu legado e facelo máis accesible

Salienta que o Goberno autonómico dá resposta ao seu compromiso por manter viva a traxectoria dos autores galegos a través dunha rede museística “sólida e xenuína así como fomentando as actividades que estendan o seu traballo entre os máis novos”

10/12/21 | 17:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Budiño finaliza a súa xira ‘Fulgor’ cun concerto especial na Catedral de Ourense da man da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística participa hoxe na presentación deste concerto especial despedida que terá lugar mañá ás 21,00 horas

10/12/21 | 14:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Fundación Sgae presentan a playlist "Escoita o Camiño. Escoita Galicia" con 2022 temas dun milleiro de grupos e artistas galegos

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación desta iniciativa no marco do Xacobeo 21-22 que se difundirá prioritariamente nos albergues e lugares destacados das Rutas Xacobeas

10/12/21 | 13:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o Festival Internacional Novos Cinemas de Pontevedra no seu labor de difusión e formación do talento emerxente

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación da sexta edición de certame, que se desenvolverá do 14 ao 19 de decembro no Teatro Principal pontevedrés

09/12/21 | 20:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña a contribución da Orde de Malta á consolidación histórica do Camiño de Santiago

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na presentación dunha traballo de investigación sobre a presenza desta comunidade monástica en Galicia, centrado na Encomenda de Beade

08/12/21 | 11:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a participación de sete galerías de arte en feiras e mercados nacionais e internacionais

As entidades beneficiarias poden subvencionar os gastos correntes derivados da asistencia aos eventos e o aluguer dos espazos de exhibición, entre outros

07/12/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia o remate das obras do Centro Cultural e Turístico 'Antonio Fraguas' de Carballedo para este mes de decembro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, supervisa a fase final dos traballos de rehabilitación do antigo inmoble do cine-baile da capital municipal

06/12/21 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A lenda internacional Bonnie Tyler actúa mañá en Santiago dentro da programación da Xunta para o Xacobeo 21-22

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou no encontro que a cantante galesa mantivo cos medios na véspera do seu directo no Multiúsos Fontes do Sar