Tipografía

Tipografía corporativa

Tipografía

Xunta Sans é a tipografía corporativa da Xunta de Galicia. Trátase dunha fonte propia, aberta e pública para toda a cidadanía. É unha solución técnica onde a prioridade é a visibilidade e a lexibilidade, pero recollendo certos xestos simbólicos que lle aportan identidade e recoñecemento.

Estrutúrase en dúas familias complementarias: 

Familia Xunta Sans
A familia proporcional está dispoñible para contornas web e de escritorio en diferentes formatos. Ofrece unha lectura fluída e natural, cunha variedade de estilos e pesos que permiten adaptala a diferentes niveis e necesidades da comunicación corporativa.Representación gráfica da familia tipográfica Xunta Sans

Familia Xunta Sans Mono
A familia monoespazada está dispoñible exclusivamente en formato OTF para escritorio. Achega un carácter máis técnico e distintivo, ampliando o sistema tipográfico con diferentes estilos e variantes para usos específicos dentro da identidade visual.Representación gráfica da familia tipográfica Xunta Sans